quen odia o bng?
Non teño a máis mínima dúbida. Na Radio Galega e na Televisión de Galicia hai alguén (máis de un, e con moito poder) que odian profundamente o BNG e o que ete representa. Resulta absolutamente patético, tanto que non me han faltar ocasións para retomar este tema. Xan non vou referirme á censura descarada que se exerceu sobre Quin, agora un tanto suavizada. Hoxe imos coa actualidade, e esta non é outra que o voto en contra da reprobación de Magdalena Álvarez. Malia o dito son un radioadicto, e sempre da Radio Galega, quero oír as cousas na miña lingua, só por iso, cousa que, por certo, aos da Radio Galega creo que lles importa pouco, dígoo pola maneira que teñen de facer as cousas, que non ten volta de folla. Mais ao que iamos. Viña eu escoitando a radio e nela viñan falando do voto do BNG en contra da reprobación. É dicir, viñan tratando de airear a noticia, como se fora un auténtico escándalo a actitude do BNG, curioso, a Radio Galega seguindo a liña editorial de La Voz de Galicia...Escándalo? Se o PNV tamén votou en contra e en Euskadi non se montou ningunha campaña así...O correspondente, moito mellor informado que a presentadora, deixouno ben claro. Despois chamaron a un representante de Esquerra, ese di que debía estar doído porque ll votaran en contra, mais"curiosamente" non amosou resentimenteo ningún, si unha total comprensión, con quen estaba doído era cos deputados socialistas cataláns porque non actuaron como deputados cataláns senón correa de transmisión do mandato madrileño.
Patético, como digo, patético, e non aprenden. Moitas veces penso que resultan tan patéticos, precisamente, porque adoecen dunha enorme falta de cultura, pero hoxe creo que o trasfondo é político-interesado. Volveremos falar.
chuzame -