ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for novembro 27th, 2007

a educación

Posted: martes, novembro 27th, 2007 @ 1:06 pm in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | 3 Comments »

A educación anda mal, quéixanse os docentes madrileños. E teñen toda a razón. En España, a educación nunca andou ben. Non son peores os  alumnos, non son peores os profesores. O que pasa é que en España nunca se creu na educación. Por iso, cada reforma que lle fan é para peor, porque non é máis que  unha desculpa política. O profesorado leva anos e anos adaptándose, readaptándose, crendo que o novo ensino, que a nova maneira de educar que se propón vai ser, aínda que só sexa, un chisquiño mellor. E vai e atopa que o único que supón é un novo papeleo, unha nova programación, mareos para  isto e para o outro. E vai e entón inclusive entra en calidade. Cantos centros de Madrid están en calidade? Se están en calidade todo debería ir sobre rodas, logo de que se queixan?

O que pasa é que o profesorado está moi canso de tanta trapallada para nada.Para nada? Si, para facerlle perder o tempo. Sexamos serios. Cando se faga unha reforma, cando se incida, no que sexa, do aparello educativo hai que pensar antes ca nada no alumno, e despois no educador que son os protagonistas. Os réditos políticos son outra cousa.

Educadores, alumnos e pais deberían decidir  unha cousa: prescindir dos políticos, por nefastos. Mentres non o fagan, así seguiremos

Chuzame! chúzame -