a educación
A educación anda mal, quéixanse os docentes madrileños. E teñen toda a razón. En España, a educación nunca andou ben. Non son peores os alumnos, non son peores os profesores. O que pasa é que en España nunca se creu na educación. Por iso, cada reforma que lle fan é para peor, porque non é máis que unha desculpa política. O profesorado leva anos e anos adaptándose, readaptándose, crendo que o novo ensino, que a nova maneira de educar que se propón vai ser, aínda que só sexa, un chisquiño mellor. E vai e atopa que o único que supón é un novo papeleo, unha nova programación, mareos para isto e para o outro. E vai e entón inclusive entra en calidade. Cantos centros de Madrid están en calidade? Se están en calidade todo debería ir sobre rodas, logo de que se queixan?
O que pasa é que o profesorado está moi canso de tanta trapallada para nada.Para nada? Si, para facerlle perder o tempo. Sexamos serios. Cando se faga unha reforma, cando se incida, no que sexa, do aparello educativo hai que pensar antes ca nada no alumno, e despois no educador que son os protagonistas. Os réditos políticos son outra cousa.
Educadores, alumnos e pais deberían decidir unha cousa: prescindir dos políticos, por nefastos. Mentres non o fagan, así seguiremos
chúzame - 3 Comments »
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
2007-11-27 @ 9.03 pm
Dis ben, hai que pensar nos alumnos, e nos educadores e contar coa súa opinión para elaborar as leis, pero sobre todo hai que investir moitos cartos, porque estou segura que si un le a logse ou a lode ou a loe, ou calquera reforma que fagan, está ben pensada, pero logo do dito non hai nada, porque non chegan os cartos que se adican a ducación, e sin ese recurso non hai nada que millorar.
E este país noso o que máis necesita hoxe é EDUCACIÓN.
Aos políticos non lles interesa moito, porque isto da educación é unha cousa a longo prazo, e as cousas a longo prazo non dan votos.
Ademáis canto máis ignorante sexa a “peña” máis fácil é de manexar en todos os sentidos.
Un saúdo.
2007-11-28 @ 4.08 pm
Ah, Rifo, quen dera que fora cousa de cartos, cartos hai esgalla-gaiás, é cousa de vontade, de crer que educación serve para algo ademais de rentar votos.
Agradecido polo teu comentario.
2007-11-30 @ 3.46 pm
UHNA “PROBA ” DE COMO ESTÁ O ENSINO É QUE HOXE XA NON CÓMPRE ESTAR OBSESIONADO PORQUE OS ALUMNOS COPIEN, É MOI RARO QUE O FAGAN,RARÍSIMO
A FIN DE CONTAS, PARA QUÉ SERVE ESTUDAR…