ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Decembro, 2007

portanet

Posted: Luns, Decembro 31st, 2007 @ 7:50 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en portanet

Portanet foi un “ínclito” alcalde vigués nos tempos duros do franquismo. Reatópoo nas páxinas de Luís Rei Núñez O señor Lugrís e a negra sombra, abondoso en anécdotas. Aínda que esta nin é de Lugrís nin de Avilés, aquela estraña parella, deixa ben claro o “espírito político franquista”. Resulta que eu xa oíra falar do […]

convocatoria

Posted: Domingo, Decembro 30th, 2007 @ 8:05 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en convocatoria

Pasade por O muiñeiro do tempo , ándase argallando (co gallo do décimo cabodano daquela fantástica idea)a reedición dos Certame Mundanal de Contos Ultralixeiros. Estade atentos, a cousa promete…. De paso tamén vos anuncio que, no tránsito desta FERRADURA, o neno que non ten paradura inciará un proxecto de lectoescritura interactiva (con base tamén no microconto) que, se cadra, nunca […]

galiza-camerún (2)

Posted: Sábado, Decembro 29th, 2007 @ 7:18 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en galiza-camerún (2)

Atopamos  a Sulema de pura casualidade e en Ourense. Tiven que facer unhas xestións na Delegación da Consellería de Educación e, mira ti, alí estaba ela. Tampouco me estrañou, pois ela estaba tramitando a mesma xestión que eu me dispoñía a realizar. Antes pasara pola Escola Oficial de Idiomas, atopei a Antón, case vinte anos despois, […]

galiza-camerún

Posted: Venres, Decembro 28th, 2007 @ 7:44 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en galiza-camerún

Ás dúas e tres minutos xa tiñamos o coche aparcado e fómonos atopar cos nosos anfitrións, que nos convidaron a un xantar no que Ío degustou por primeira vez o sushi, e gustou. Logo, na sobremesa, para entreter o tempo, prestáronme unha prestixiosa revista portuguesa (Egoísta); unha preciosidade, cun deseño gráfico impresionante, multipremiada e non […]

política e educación

Posted: Xoves, Decembro 27th, 2007 @ 12:22 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en política e educación

Non hai nad que escribín sobre isto, e aínda despoi comentei por riba a domincalada de Arturo Pérez Reverte. Pois ben, no último ANT (ímonos afacendo ao novo deseño e formato) vén unha columna de Susana López Abella, dos novos valores que promociona o pp, precisamente reclamando máis política na educación….xa, falar non ten cancelas, […]

galiza-camerún

Posted: Mércores, Decembro 26th, 2007 @ 11:30 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, Sen clasificar | Comentarios desactivados en galiza-camerún

 E MAÑÁ… TODOS A VIGO En días como o de mañá un colleita as doses de optimismo necesarias para levar o mellor posíbel os días grises do ano. Para min, e para o futuro que sae das escolas deportivas ás 18,30, é un segundo día de Galiza. Facer país é barato, en tendo intención. Aos […]

Posted: Luns, Decembro 24th, 2007 @ 8:06 p.m. in CARA ADIANTE, Sen clasificar | Comentarios desactivados en

Descreo  firmemente destas festas e todo o que aparellan. Creo firmemente qu enon teñen nada de festa, e todo de imposición consumista, hipócrita e falsamente cristiá. No mundo, a bondade é máis vella que cristo. E a maldade tamén, pasa que non vende tanto. Saúde, Terra, República galega, o único que importa. E por se […]

reverte e o ensino

Posted: Domingo, Decembro 23rd, 2007 @ 7:14 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en reverte e o ensino

Non deixa de ser curioso, creo que é no dominical de hoxe, Reverte, o académico alatriste, un dos que peores esritores que un poida imaxinar, fai unhas manifestacións durísimas en contra dos señores/señoras que tiveron nas súas mans os destinos da educación en España. Son palabras moi duras, que me lembran que non hai moito […]

xa que falei dos vendepatrias

Posted: Domingo, Decembro 23rd, 2007 @ 7:05 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en xa que falei dos vendepatrias

Estounos vendo, estounos oíndo, estounos lendo : “é que o escritor non ten porque ser o salvador da patria”. Totalmente de acordo meus, pobre literatura se os escritores só foran escritores nacionalistas. É un tema moi vello. De cando en vez retoma actualidade en virtude dos intereses teóricos ( é dicir: en virtude das necesidades de xustificación) […]

logo de des-naufragar

Posted: Domingo, Decembro 23rd, 2007 @ 6:44 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en logo de des-naufragar

Aínda lembro o debuxo de Pepe Carreiro (“volvemos naufragar”) con cada vitoria fraguista. Logo do desnaufraxio, lembro comentarlle a Chus Pato: “nunca vivín nun tempo no que non se fixera política cultural contra nós…agora teño temor de non saber recoñecer unha verdadeira política cultural…” Pois ben, hoxe podo dicilo, xa a recoñecín e paréceme lenta, […]