ferradura en tránsito

Non tes paradura, neno

Archive for xaneiro, 2008

os ollos de K, segundo día de lectura

Posted: xoves, xaneiro 31st, 2008 @ 4:40 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

...e entro nun estado de arroubo, convencidode que a litertura é a mesma realidade  (93)

Un exercicio apaixonante. Contrastar esta novela de Riveiro Coello e esta de Paul Auster. Tema similar. Diferente focalización .

Un activa desde a pasividade, desde a ausencia, sen contexto externo que interfira. O outro, pola contra, sente como na súa actividade cotiá vai interferindo a ficción.

....se cadra, todo sexa produto da imaxinación e a literatura non resulte ser máis que un soño que nos mantén na realidade (94)

---------------------------------

....a vertixe que me producen estes pensamentos nacen nunha dobre culpabilidade  (101, remarcado meu)

------------------------------

...a noite ten a súa narrativa e deixou empoleirada unha néboa inhóspita que colga nos edificios unha densidade de globos suspensos creando sobre o barrio outro perfil máis irreal  (151)

----------------------------------------

...Achégome á fiestra e vexo que a neve desapareceu da rúa, coma por un feitizo, e a néboa xa non se arrandea no banco de madeira, que vexo nitidamente baixo a lux do farol (165)

-----------------------------

...E asústame o feito de que Kafka morrese aos 41 anos, xusto a idade que agora teño, e tamén o de que a súa novela quedase inconclusa... (177)

xmeyre2008

Chuzame! chuzame -

XABARÍN E O TERRORISMO CULTURAL (2)

Posted: xoves, xaneiro 31st, 2008 @ 4:06 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Seguirei. Este neno non ten paradura. O nihilismo é unha fonte de veleno, social e individual, refuxio de covardes.

Comezo a sospeitar que unha poderosa razón para que non haxa Xabarín polas tardes é que, non tendo espazos infantís ningunha xeneralista, programar o Xabarín redundaría en efectos positivos de cara á lingua galega...O cal aínda, se puider, é máis grave que o que escribín na primeira anotación: é estar loitando en contra da difusión social da lingua galega precisamente entre o sector que máis o necesita...

Sigo reclamando a intervención da Dirección Xeral de Política Lingüística.

E comezo a impacientarme pola da Mesa pola Normalización Lingüística.

Chuzame! chuzame -

O XABARÍN E O TERRORISMO CULTURAL

Posted: mércores, xaneiro 30th, 2008 @ 3:57 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Insistirei. PERO QUE NARICES PASA CO XABARÍN DAS TARDES?

Porque os nosos fillos teñen que resignarse a unha horiña polas mañás mentres almorzan?

Xusto cando están na casa, non teñen nin un minuto de programación para eles!

É certo que as outras xeneralistas tamén son moi deficitarias en atención á progración infantil. Pero o rapaz ten onde escoller, sempre haberá algunha que, aquí ou acolá (dixital, analóxica, de pago...). Se se trata dun castelánfalante, no problem. O problem vén se é galegofalante. E ese problem é moito problem, interprétoo como unha descastada tentativa política de que o rapaz entenda que falar galego é problemático, non tes as mesmas oportunidades.

Descastada? Quedeime curto.

E Política Lingüística coa boquiña pechada? Como se pode entender tamaña desatención, tamaña deixación de funcións ... non lembro que nunca, nunca, dixera nada a respecto do comportamento da CRTVG co  lingua galega.

Dimita, señora Directora Xeral, non roube máis os cartos do contribuínte, que deben servir para pagar a alguén que de verdade sinta  a lingua e traballe por ela.

Unha das satisfaccións máis grandes da miña vida é criar ao meu fillo en galego. Xa non por militancia, por simple decencia e sentido práctico, porque non se pode entender ben o mundo desde unha expresividade reducida pola deficiente capacidade para atender e entender o que ten ao redor. Por honradez.

Entenden o que é iso,  señores da TVG e da DXPL ?, honradez...criar ao meu fillo en galego malia que quen tiña que axudarme non deixa de poñer cambadelas, e quen tiña que axudarme está pagado con cartos públicos...

Ah, señores, vostedes escandalízanse se oen falar de maltratos aos que veñen de fóra...

Xa, non lle dou valor ningún á súa escandaleira, porque ser humanitario debe ser normal, non unha excepción

E moito parolan de integracionismo, que hai que integralos etecé etecé...Paráronse a preguntarlles e queren integrarse?..Por certo, se a integración non comeza pola cultural non pasa de ruído idiota...

Xa, e cos de auquí que? De cantas bolsas dispoñen os nosos rapaces para inmersión lingüística en inglés? E en galego?

Terrorismo cultural. Puro terrorismo cultural.

Que era o que opinaban vostedes dos terroristas?

Chuzame! chuzame -

os ollos de K, primeira xornada de lectura

Posted: martes, xaneiro 29th, 2008 @ 7:50 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

Antón Riveiro Coello é un dos dos narradores máis solventes do actual panorama da literatura actua. Adoita saber interesar ao lector desde ben cedo e dosificar a trama de xeito que non queira pousar o libro. Cando menos o seu último traballo deixounos moi bon sabor de boca.

Os ollos de K, efectivamente é deses títulos que prenden, polo menos en quen sexa amante dos discursos que viaxan entre a ficción e a realidade.  É importante, como neste caso, que nesa viaxe non haxa estridencias, que se faga con naturalidade. Polo que levo lido, un terzo do libro, iso é así e por iso sorprende e gratifica.

E subliñei:

...limiteime a mirar de esguello para esas mans peludas coma arañas que sostiñan un tarro no que nadaba todo o misterio dun ollo cloroformizado...  (12)

----------------------

....consciente de que a Pastor lle amola calquera proposta de Dimitrie... (65)

----------------------

Embárgame de novo unha cega exaltación, e pasmo por non ter detectado o formidable relato que me brindaba a angustia da mensaxe. Na miña paixón visionaria mesmo creo que ese apelido está gravado nunha placa metálica dalgunha rúa e non me importa que que esa imaxe reincidente do ollo me arrastre porque tampouco estimo como mala a idea de reunir un grupo de relatos co macabro denominador común da extirpación ocular. Si, escribo ,(...), cun estilo directo, exento de frases ampulosas e secundarias.     (75)

-----------------------------

...resulta máis complicado levar á práctica as fantasías que novelalas. (77)

Chuzame! chuzame -

poesía vs narrativa

Posted: luns, xaneiro 28th, 2008 @ 7:26 pm in ACTUALIDADE LITERARIA | No Comments »

En pleno proceso de resumo e avaliación da producción narrativa e poética de 2007, observo que:

- non me resulta nada complicado escoller, na poesía, varios títulos merecentes de seren salientados.

-non me ocorre o mesmo coa narrativa.  Voume poñer a ler Os ollos de K, a ver se mellora o panorama.

Chuzame! chuzame -

Posted: domingo, xaneiro 27th, 2008 @ 7:27 pm in CARA ADIANTE | No Comments »

Hoxe, porque sei que esta bitácora é visitada por xente con interese polo audiovisual, déixolles esta ligazón, onde poden ver un bon número de curtas brasileiras

E, como non pode faltar algo que ler, aí vai este texto de Evandro Affonso Ferreira. Autor pouco coñecido nestes lares, mais que petou duro xa co seu  primeiro libro Grogotó, unha xoia da narrativa hiperbreve.

Chuzame! chuzame -

a noite d´O Risón

Posted: sábado, xaneiro 26th, 2008 @ 8:27 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

Comecei a ler o libro de Gonzalo Moure aínda antes de rematar Bingo (Pilar Beiro).

Velaquí unha novela breve auténtica, non iso que se nos vende desde os premios ; por exemplo Así nacen as baleas, do que falei hai pouco, pero en xeral desde calquera premio, que son máis novelas que novelas breves.

Transcribo a atmosfera, da novela breve de Gonzalo Moure, a través deste microconto confeccionado cooa propia palabras o autor:

Outro levoulle a contraria, porque, ao seu ver, a historia demostraba dúas cousas: que somos nós quen facemos o noso destino, e que todos os episodios de fantasmas teñen, ao cabo, a súa explicación.         (55)

...........................

"¿E logo vostede non ten histroia que contar?"   (55)

.........................

"Eu son o meu propio fantasma"     (56)

 Agora, a ti, tócache imaxinar, soñar... e ler

Intenso e ben escrito.

Chuzame! chuzame -

Bingo, terceiro día de lectura

Posted: venres, xaneiro 25th, 2008 @ 9:08 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

 O libro remata con

- "A primeira vez (Domental)", son 13 poemas

- e un "Epílogo", un epílogo que consta de un poema, un poema no cal a autora reflexiona sobre o libro ( ela é a autora e a primeira lectora) e outro no que semella querer ficcionarse. Como unha tripla despedida

Subliñei (para que ti soñes):

*...por aí, coma un galo quirico. Igual vive nun deses pisos

nihilistas ou non.   (59)

.......................

*Porque A REVOLUCIÓN non é unha verbena para a que nos

cubrimos ou descubrimos ad hoc, senón unha orxía

e require CORPOS DES-AFORADOS previamente e non do

revés

(Léase corpos políticos e semióticos)

Son máis dos que pensamos os corpos presos polo fascismo. (63)

..................................

*Todos ilexítimos. Todos dalgún roupeiro. En construcción,

logo do alboroque   (69)

..............................

*(Teño que repasar a fábula da lebre e a tartaruga, teño que

repasar a Lenin e  Rosa Luxemburgo)     (73)

...............................

*Ten sexo, esa formulación política un sexo enorme e ata

agora descoñecido, o grande competido?   (75)

..............................

*Este traballo é o que me pediu: pon a hostia en verso, ese

foi o convido  (82)

........................

É poesía escarlata e, como tal, liberada...palabra para a utopía, para a loita e a reflexión.

Chuzame! chuzame -

luxo social

Posted: venres, xaneiro 25th, 2008 @ 12:44 pm in CARA ADIANTE | No Comments »

Non, meus, non, a literatura (a cultura) non é un luxo social. Un luxo é cando podes perfectamente apañarte cun utilitario pero ti compras un todoterreoestratosférico. O luxo é unha alternativa. Que alternativa hai á cultura, á litertura?

Non meus, non, non é un luxo, é unha necesidade social básica. Así o sente quen non a ten. A postura do luxo échevos burguesa demais, decimonónica demais, prexuízo no que os partidos conservadores (que neste país equivale a ultradereita) alicerzan a súa política.

Chuzame! chuzame -

fervura de reflexións sobre a crítica

Posted: xoves, xaneiro 24th, 2008 @ 2:11 pm in ACTUALIDADE LITERARIA | No Comments »

Reflexionaba Manuel Xestoso a cerca do papel da crítica  e do crítico literario na sociedade actual, número 1293 de ANT. Abel Bastos Baptista, profesor da Universidade Nova de Lisboa e convidado á mesa redonda na cal dialogaron as críticas das literaturas ibéricas ( en eukera, catalán, catelán, galego e portugués, porque outras hai ademais…), no espazo de debate da I Xornada da Crítica de Galicia , celebarda no pasado setembro en Compostela e na que se estreaba a Sección de Crítica da AELGA, principiaba, lembramos, a súa intervención inicial  trazando un irónico debuxo: Portugal é un país tan moderno, que está tan á última, que nel crítica xa non existe. Alén da dimensión máis ou menos hiperbólica, a pregunta de fondo é: pode permitirse a sociedade actual prescindir do crítico e da crítica literaria? 

             Iratxe Retolaza ( profesora da EHU-UPV), pola súa vez,  acenaba cara a resposta ao indicar como en Euskadi foron nacendo recentemente crítica e crítico literario respondendo a unha necesidade social. Vamos, se non a hai: hai que creala. Pódese pensar que as culturas vehiculizadas en linguas como o esukera ou o galego precisan observar métodos de conduta, proteccionistas e potenciadores das súas expresións, dos que outras con meirande poder económico-mediático fican salvas? Poder, pode; é totalmente lexítimo e, se cadra, necesario. Iso si, tamén é unha formulación un tanto hipócrita: agacha que a determinadas literaturas úrxelles calquera tipo de actualización  que as tire do pozo de silencio no cal foron guindadas desde intereses políticos espúreos. Úrxelles, polo ben da humanidade. Mais non é a onde queremos chegar. Non vaia ser que dean/deamos en pensar “pobriños: can fraco, da tabada dunha pulga espicha”.    

        Nin teño intención de obsesionarme (tampouco poderei evitalos, desde outra perspectiva) cos efectos da mercantilización do libro, sobre o proceso de, chamémoslle, monopolización oligárquica a que están expostas as producións culturais nestes tempos de, asoballante, capitalismo salvaxe post-caídamurodeberlín. Ben expostos están, lembro outravolta o artigo de Manuel Xestoso, mais nesta marea outros portos hai nos que tamén é preciso recalar –iso si, sen esquecer meditar naquelas xeografías polas xa pasamos.         

    Está en crise a literatura? Está. Cando non estivo? A evolución é intríseca á producción cultural, a evolución non se entende sen crise, é dicir: sen cambio. Unha crise como non viviu outra desde a creación do alfabeto, nin sequera a revolución Gutemberg se lle pode comparar. Véxase que non nos estamos referir exclusivamente á literatura galega. Que ten de novo, de especial esta crise actual? Algo que nunca pasou: a modificación do que se vén chamando contrato lector, a modificación da estratexia decodificadora  que o discurso literario pacta co lector. Modificación por inclusión, non por exclusión. En que consiste? Á par do tipo de lectura que consagrou a modernidade  (horizontal, pasiva, pouco reflexiva, pechada: conclúe logo da derradeira palabra lida) aparece outra nova (vertical, activa, reflexiva, aberta: o discurso só remata na mente do lector). Tamén nunca o panorama literario foi tan confuso, pódese engadir, se os mesmos xéneros viron esvaecerse (máis para o autor que para o lector) os lindes definitorios. Perdón, quería dicir que nunca foi máis rico.         

   Imporíase dicir agora que quen avisa/avisou é a crítica. E en tempo, que aínda está lonxe de rematar o proceso. Para unha literatura como a galega, sempre no gume, sempre ameazada, saber isto e actuar en consecuencia pode resultar transcendental. Aqueles que son capaces de acceder ao novo contrato lector, son lectores extremadamente fieis. De sabermos fidelizar ese lectorado atoparemos unha boa razón para ser optimistas, para non tremer ante a palabra futuro. Téñase en conta que (falo en palabras de Lauro Zavala, profesor da Univerisidade  de Xochimilco e da máxima autoridade na materia), este tipo de literatura axenérica é a mellor situada á hora de carcacterizar o século XXI como a novela carcterizou o XX. Porén a crítica pouco máis pode facer que avisar. Se, como está a suceder, consideramos a lectura como un acto puramente individual, individual é a decisión de escribir e individual a de ler, entón estamos anulando a finalidade do libro e do discurso literario, que non é outra que a difusión, a democratización, a universalización do coñecemento. E velaí que o papel do crítico resulta fundamental: é a través da actividade da crítica como se inicia a socialización da lectura, inclusive, en máis casos dos que un quixera, será a única socialización que lle reste ao libro na memoria do tempo (ese burato negro de silencio e esquezo ). Non se estrañe ninguén se digo que esa é tamén a xustificación da actividade crítica que sobre todas prevalece. Non se pode negar, nin quero minimizar, a función orientadora da crítica. Sincrónica, fundamentalmente. Nin tampouco a respectiva divulgadora; e detereime aquí un chisco máis: a función divulgadora da crítica de novidades resulta crucial en calquera literatura e na galega especialmente, non só por informar (con mellor ou peor fortuna) de como é unha lectura senón por informar tamén de quen é o autor e  que lugar ocupa no sistema literario, datos relevantes sempre e máis aínda para nós, que vivimos un, impensábel hai só vinte anos, incremento no número de rúbricas de novos creadores. Cómpre ir difuminando aquela imaxe da crítica como censora e creadora e canon. Hoxe, o universo de lectores é moi variado, de lectores que posúen niveis de lectura dispares, ningún deles pode ser desprezado, todos son elos da mesma cadea, e dá igual que a a cadea sexa evolutiva, que cada chanzo supoña superación do anterior estadio lector ou non, evitalos ou negalos aquivale a reducir a potencialidade da cadea, é como aforcarse por inanición.

Non esgotamos con isto as funcións da crítica, non. Imposíbel. As funcións da mensaxe literaria, e tamén da mensaxe da crítica, como as da linguaxe, non existen, son pura quimera. O que hai son usos. Hai quen usa a literatura para chamar o sono, para pasar o tempo, para ligar, para significarse socialmente, para que o conviden a unhas nécoras, para cultivar o egocentrismo, para superar eivas, para aprender…inclusive para adornar mobles, ou como forra dun pé mal medido. E volvemos ao novo tipo de lectura. Porque eses usos non os decide o crítico senón o utente, o lector da crítica. -o que non resulta lícito é que o utente manipule a crítica para facer política, con finalidades políticas non confesadas, obstruccionistas do sistema que, suponse, defenden-. Cae de caixón, a crítica de novidades debe modificar tamén a forma e tipo da súa mensaxe en función dese novo contrato lector, informar cada vez máis desde a suxestión e menos desde a prescrición, cultivando e estimulando a decodificación activa, sen obsesionarse con demostrar elevadísimo grao de cultura e intelixencia, que o lector pode interpretar como pedantería. Non é doado, é algo novo e, por riba, por moito que o crítico renove forma e fondo da súa mensaxe, o medio no que a fai pública pode rexeitala ou, unha parte do lectorado, non entendela.

Dúas críticas,  a de novidades e a académica? Pois si. Teñen finalidades diferentes. Tamén a lectura dunha primeira edición é diferente á lectura dunha edición prologada e anotada. Quéirase ou non, o  libro é un obxecto no mercado, e, como tal, pois logo, para o lector (consumidor) é un perigo non dispoñer de información sobre ese produto. Así están as cousas. Non digo que así deba ser. De feito, cada día que pasa o lectorado é máis diverso, máis culto en moitos casos, e tamén máis autónomo. Tamén, nese extremo terceiro, necesita a crítica de novidades, xustamente é o que máis utilidade lle atopa.

 Un outro aspecto no ronsel da socialización, xa vai sendo hora de que en lugar de campañas pro-lectura caras e escasamente produtivas empecen a facerse as cousas doutro xeito, cun chisco de sentidiño, non se pode seguir tratando o libro como se fora unha barra de pan ou unha garrafa de lixivia. É preciso evadirse da mentalidade mercantil-consumista-globalizadora, íncubo ou súcubo, que o capitalismo espalla case como única alternativa, como única solución á difusión de calquera produto. A Administarción, si a Administración, debe fomentar a socialización do libro; a socialización do libro debe ser o alicerce de calquera política cultural e ou educativa que queira pretender ser eficaz. A maneira máis inmediata é apostar pola rede de bibliotecas públicas, informando das posibilidades que ofertan, formando no seu uso e universalizando o seu acceso. E tamén, tamén debe ir pensando en protexelo das falsas socializacións, como a banalización que do libro fan as empresas xornalísticas, aparentemente democratizan o acceso á literatura, aparentemente, porque o que en realidade fan é tirar pedras contra as casas editoras (por certo, industrias máis serias e menos subvencionadas), ocórresenos que sendo urxnente discriminar a industria editorial do libro daquelas que impriman calquera outro produto.

Para finalizar esta fervura

O libro, unha vez que é obxecto de crítica, xa non é o mesmo; ah, esa plusvalía...

A crítica non debe, non pode, renunciar aos estándares de calidade; no actual panorama literario son moitos, diversos, en evolución como evoluciona o troco de mentalidade –non sabemos onde chegaremos, si sabemos que a maneira de pensar da modernidade está dando as últimas bocadas, que xa a razón xa non é o motor da vida-, o lector, o utente da crítica tamén ten que telo en conta.

 Política cultural e política económica son interdependentes. Boten unha ollada á Historia. Non hai progreso económico que non se asente na actividade, no progreso, cultural . Dito con outras palabras, o progreso económico depende do cultivo cultural. Se a política económica canibaliza, devora, a cultural, é o comezo da fin da súa puxanza, peto esburacado sen remendo eficaz coñecido.

XMEYRE (2008)

Chuzame! chuzame -