visita ao consultorio
O consultorio dos nomes e apelidos galegos, paréceme unha boa idea, sobre todo porque dos paelidos hai pouco estudo. Ete consultorioé a resulta dunha serie de artigos publicados no Faro de Vigo e La Opinión, a partir do 20 de novembro de 2004. Escritos co espírito dun dilettante, dun amador, e non dun "verdadeiro experto en onomástica"(302). Visto o malatrato que onomástica galega sofre por parte de moitos autores galegos, apegañados ao un hiperrealismo acomplexado que os leva a empregar onomástica castelá coa pretensión de meirande realismo, de realismo cítico que poña de manifesto a situación lingüístico, ou simplemente por comodidade...visto iso, a ver se empezana a cambiar as cousas.
E como é consultorio, dispóñome a consultar. E atopo. " En tanto que apelido, castelanizado ou non, Airas está moi estendido, mesmo en formas que foron toponímicas, como Eire ou o problemático Eiré, que hai quen pon Eyré".
Non vou facer moito caso da ulterior capatatio benevolentiae, o autor sempre é ben consciente da selección léxica que emprega, e moito máis Ferrín.
O que do meu apeldio di ou supón saber, non pode estar máis errado, polo que eu sei, e diso aínda algo mirei e madei mirar. Emparentar Arias, Airas, Aires, Erias con Eyré é excesivamente problematico, non se explica nada ben o desprazamento acentual. Mellor dito, si hai explicación, pero só serve se as orixe de Eyré é foránea, non para a etimoloxía latina.
Inclusive a posible relacción entre Eire (freguesía de Ferreira de Pantón, alterna con Eiré) e Eyré (apelido) é moi problemática. O máis probable é que Eire, co tempo deviñera Eiré, co ánimo de preservar a palabra nun corpo fonético máis rotundo.
Por outra banda, quen escribe con y sempre reclama o esquema acentual agudo.
Porque eu o escribo con y? Cando era neno, así llo vía escribir ao meu pai. Non sabía como o escribían os irmáns do meu pai. Logo, funme decatando de que non había unanimidade na familia. Eu optei por mater o y. Entón eramos moitos os que nos adicabamos a iso das letras. O poeta oficial de Chantada, Pablo Rubén; Afonso, o director de ANT; Xulio de Abral (q.e.p.d. que aquí sempre quedará memoria túa) e mesmo Padre Lamas (Emilio, q. e.p.d. tamén, ex-confesor da Raíña, tamén home preocupado polas letras).
O Padre Lamas, foi quen máis de ocupou de investigar a "conexión irlandesa". Para entón, eu, algunhas cousas xa fora coñecendo. O escudo de armas do Pazo de Abral non era o que a nós, de casa fidalga, nos petencía. Falábase de que era un apaelido comprado, en realidade o comparado foi o Pazo de Abral. Falábase da procedencia irlandesa. Por iso o Padre Lamas foi alá. Lembro que, falo cunha memoria de trinata nos, tivo a cortesía de me enviar unha postal na que se detallaban os principais lugares que levaban o noso apelido e mesmo o lugar do que se supoñía orixinario. Na memoria familiar contábase tamén que eran irlandeses, nobres, fuxidos seguramente conta o remate do XVIII, polos tempos da Acta de Unión. Que entón só quedaran en Irlanda os segundóns; outra boa parte iría ao Reino Unido. Este éxodo acolleuno o Mosterio de Oseira, que lles cedeu terras xa nos lindes dos seus dominios, na zona de Portemide (Porta Minus, un dos accesos ás terras do Mosteiro, en Riopedroso, xa no remate da aba do Faro). A cousa cadraba ben, porque os informantes pouco ou nada sabían da historia do Mosteiro, nin moito menos que aquilo fora porta de entrada. Inclusive no XX, as terras dos mebros da familia de meu pai formaban un contínuum curioso porque rara era a familia na que se concentraban tanto, inclusives outras familias fidalgas da zona. Mesmo se contaba unha "lenda"/"historia", dun membro da familia que , urxido de necesidade económica pedira prérstamo aos parentes irlandeses e os termos precisos cos que pretendía convencelos. A mudanza acentual e o paso de i ao y explicábanse pola necesida de disfrazar a forma, para o que botarían man da moda tendente a afrancesar.
Son sempre Eiré e Eyré equivalentes? Parece que si, nunca dei con quen escribindo Eiré non se sentira da grei Eyré.
Son Eire e Eyré/Eire equivalentes? Ah, outra hipótese etimolóxica: o lat. erie, vocábulo, por outra banda bastante infrecuente, polo que eu sei, desde logo Airas non me parece críbel. Entón eu seguía ocupándome da "conexión irlandesa", fun xuntando novos datos. Empezou a cobrar forza a idea de que si Eire e Eyré eran o mesmo, actualizando aquilo do cambio acentual etc. Pero entón apareceu Sir Edward Jonh Eyre, por pura casualidade, mentres agardaba por unhas fotocopias e funpousar o dedo nun globo terráqueo precisamente no Lago Eyre (non confundir co outro, o Lago Erie, no EUA). Puidera ser, nado en 1815, cadra no abano temporario.
Pouco tempo despois entregáronme o ISBN 1-885808-10-0 os Halberts Family Heritage. Medraron as dúbidas. É apelido grave ou agudo? Porque, ao que parece, os Eyre que andan polo mundo (e ,sorpresivamente, que sempre pensei que eramos catro gatos ben contados, son miotísimos) seca tamén evolucionaron a Eyré, polo menos unha significativa parte deles. Curiosamente, cando máis se me parece como versímil que Eyré e Eyre (ou coa grafía latina) sexan o mesmo, máis afortalada sinto a "conexión irlandesa", que nos leva outra vez á cuestíon gráfica, Eire, de onde derivaría. Iso explícao ben a teoría do disfraz aproveitando a moda francesa, xa, e logo os demais, os que foron para o R.U., como chegaron tamén aá grafía grega?
Existe inclusive a posibilidade de que haxa varias orixes e sexan familais que só teñen en común un parecido fonético. Uns Eyre, ingleses de pura cepa. E outros de procedencia irlandesa. Os Heritage apuntan á vía inglesa, pero non dan explicado a presencia, en tanto slugares como hai, e moito menos na Galiza. A vía irlandesa afortálase a cada día máis, sempre debemso ter en conta, criticamente, pero hai que tela en conta, a memoria familia.
Isto é, resumido, o que sei.
Desde logo Airas/Arias... non teñen nada que ver
chúzame -