a polémica
No Galicia Hoxe, de hoxe, vén un interesante, moi interesante artigo de Xabier Cordal. Brétemas (a ver se funcina a liganzó, por se acaso: http://bretemas.blogspot.com/) tamén fai unha boa síntese.
E digo: que primeiro atacouse aos escritores.
E digo: que despois atacouse á crítica.
E pregunto: quen vai ser o próximo? Ai, se eu fora editor…
Importante. As cousas non as desencadea ao artigo de Dolores Vilavedra ( «A síndrome do Padornelo»), senón as manifestacións menosprezantes que Dolores critica.
Importante 2. A isto non é alleo os medios en que se produce: pero hai que diferenciar: outra cousa é onde se publican as respostas, as análises das provocacións.
Importante 3. Ningunha valoración é de ter en conta se non está baseada nunha análise serie e prova o que di. Apoñer culificacfións polemistas é moi fácil. Véxase quen o fixo e quen foi serio na análise.
Importante 4. Sígome preguntando: quen tira partido disto? Non é pregunta retórica. Serve esta resposta: o sistema literario galego, non. Xa me gustaría ser tan optimista como Brétemas, xa.
Sígome preguntando: a que obedece esta polémica?, porque se desencadeou? Esas preguntas déixanme mal corpo. Ventoladas? Veleidades? De ser así xa non paga a pena seguir na análise. Se non é así empeza a cheirar peor. A finalidade, ocórreseme, ten que ver coa desestabilización do sistema cultural galego, efecto perseguido desde instancias políticas (pp-psoé : a mesma metralla é).
Preocúpame bastante o descenso de cualidade nos últimos meses, pero é algo normal, son fenómenos estacionais, sobre todo na literatura galega. O que non é normal, e non se avanzou nada nese aspecto nos últimos dez anos, é a cualidade da edición: ler un libro sen grallas aínda é complexo.
Non hai comentarios
Aínda non hai comentarios.
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.