ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

autocrítica e un chisco de pensamento

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA — 2008-01-16 @ 4.12 p.m.

Onte non lin. Case, só unhas follas. Sempre me pasa os martes, e despois, os mércores págoo, fáltame algo.

Deume tempo si, a reflexionar, a facer un chisco de autocrítica: «vaia, tamén vas ti e expresas o teu temor de que os seguintes en ser atacados sexan os editores, e non se che ocorre outra cousa que rematar cunha alusión – un tanto hiperbólica, aínda que de que sexa así non hai dúbida- ao seu labor».

E, na reflexión, evidentemente, o vórtice sémico ocúpaoo precisamente a figura do editor, do editor en galego. Non tanto como a crítica, que segue sendo mal coñecida e isuficiente valorado o seu traballo, pero o editor galego e en galego é merecente e precisa mellor recoñecemento. Cómpre espírito aventureiro e moito amor aos libros para enfrontar ese labor. Por falar só de hoxe, por non referirnos a cando tiñan que pedir cartos prestados para botar adiante proxectos, proxectos que mesmo poderían disgustar á familia. Penso, claro está, en Manuel María . Engado a ligazón.

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 Comentarios

  1. bretemas:

    Eyré: moitas grazas pola túa reflexión tan agarimosa cos editores galegos. Non comparto que ocupemos o vértice (para min ese é o papel dos autores e autoras), mais sei que a nosa responsabilidade é grande, xa que somos os que escollemos o que se lle ofrece aos lectores e lectoras. Papel que compartimos coa crítica (actividade xenerosa e altruísta en Galicia) que recibe todos os paos. O traballo que realizamos os editores debe estar sometido ao xuízo da crítica e o inapelable veredicto dos lectores. Grazas e parabéns polo blog, que visito diariamente con enorme ilusión. Manuel Bragado

  2. xmeyre:

    Obrigado pola lectura, e polo comentario, Brétemas, só unha precisión: non escribín vértice, senón vórtice, semanticamente varía un chisco.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.

Olark Livehelp