ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for xaneiro 17th, 2008

Atençao ao sábado

Posted: xoves, xaneiro 17th, 2008 @ 9:02 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Que dicía Clarice Linspector.

Sábado é día de importancia.

A cultura galega anda mesmo conmocionada. Debería, porque lle dan no cu sen parar. O problema é que isto non son espantadas individuais. A demencia senil pode ben empezar xa no posparto, comparto, e facerse notoria en calquera momento. Xa. Pero non. Que diría Celso Emilio. Estas non son as festas do patrón.

Todas estas agresións nin son arroutadas nin individuais. Forman parte dun proxecto. Alucino? Non creo. Proxecto? Si, proxecto, rematar coa lingua e coa cultura galega, esas marcas identitarias que tanto escocen, a conquista  non rematou e os RRCC e demais patulea non dormen tranquilos o sono eterno.

Por iso, atençao ao sábado.

E o que está acontecendo arredor de Isaac Díaz Pardo e Sargadelos hai que interpretalo na mesma dinámica, chéirame. Cheira mal, cheira mal, a política local, cantan os Zënzar.

Aquí, lede o precioso microconto de Clarice.

Non faltedes o sábado

Chuzame! chúzame -

así nacen as baleas, terceiro día de lectura

Posted: xoves, xaneiro 17th, 2008 @ 2:14 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

Terceiro día de lectura. Foi unha lectura problemática. Comecei, e case rematei, a segunda parte da novela. Opérase certo cambio narratatorial, iso si, a prosa do discurso segue tendo o mesmo estilo que engaiola a tantos lectores, ese ton confesional, próximo, culto, sincero, inquieto, de narardora hábil e preocupada pola condición humana, que é a condición túa e miña, de todos os que andamos rúas e camiños, coas nosas angueiras, cos  nosos soños.

Subliñei:

-É unha nena. Chámase Akiko - dixo o pai atrvéndose, por fin, a encarar a escuridade da boca da súa muller. E a Nai, cunha tristeza que lle aumentou o profundo negrón do ventre, viu como aquel home sorría orgulloso ao dicir o nome da súa filla. (101)

...e con iso e coa aparición a media tarde de ganchete de Cándido poñendo diante un par de caixas envoltas en papel de regalo...  (121)

Non había ninguén na cama, a persiana estaba aberta, o xeranio parecía preocupado...

Sospeito que a historia, non só as personaxes, está construída seguindo a estratexia da acumulación.

Mentres lía, non deixaba de esvarar sobre a superficie, seica alemá, do sofá novo, empeñado en tirar de min para abaixo. Era de noite. Non tiña sono. Non chovía, algo ventaba. 

Chuzame! chúzame -

a radio galega e a súa política

Posted: xoves, xaneiro 17th, 2008 @ 1:44 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Se hai un programa (non falo dos culturais), mellor dito un microprograma, ao que presto moitísima atención é a aquel no que se fomenta  a participación cidadá. Alén das opinións, ás veces moi aleccionadoras, e algunha xa teño comentado, a propósito do tema do presidente franco e a súa moza, lembro, engaiólame a carnosidade, musical, evocadora, transparente, humana, das voces da rúa.

Viñamos hoxe para o traballo, coma sempre coa Radio Galega ligada. Anunciaron entón o  tema do que se pedía a opinión dos cidadáns no espazo de debate. Adiviñan cal? Piois  preguntábanlle á xente polo asunto de Gallardón excluído das listaxes electorais por Madrid.

Interésalle a vostede moito, pouco, nada, este tema? Probablemente responda pouco ou nada, coma min. 

Aínda sabendo que non a todos lles presta o chourizo e no mar hai peixes de moitas colores... (algún día, o neno que non ten paradura, abrirá, está tentado a abrir sección culinaria nesta Ferradura en Tránsito)

Tanto ten o que a voste lle importe ou non. O que se persegue non é saber a opinión que vostede ten, iso é o de menos. O importante é encher uns minutos de tempo. E aínda máis. O importante é que, aínda que lle interese menos que o can verde de Pavlovski, o importante é que vostede sinta a necesidade de que lle debe importar. O importante é que, no proceso en que se xera o seu interese polo tema de Gallardón, pois son desprazados do centro do seu interese outros temas que si teñen que ver con  vostede, coa súa vida como cidadán galego. Queren que fagamos unha listaxe?

Esta era a estratexia nos tempos do PP. Esta é a Radio Galega de hoxe.

Chuzame! chúzame -