ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for xaneiro 23rd, 2008

máis sobre a polémica

Posted: mércores, xaneiro 23rd, 2008 @ 5:11 pm in ACTUALIDADE LITERARIA | No Comments »

E vou ter que darlle a razón Brétemas, que na súa anotación do 15 deste corrente, agardaba algo positivo na polémica sobre a literatura galega. Moi contento, pola miña parte. Hoxe, Manuel Vidal Villaverde publica, en Galicia Hoxe, un interesante artigo, outra cousecuencia da polémica. Semella que o río non chegou aínda á desembocadura e quizá tampouco pare aquí. Hoxe, a literatura galega non son catro nomes, nin corenta. Os ofendidos son/somos moitos e todsos temos dereito a reaccionar , non vai ter FG a última palara por obra e graza. O caudal de empatía que esperta a literatura galega, visíbel nesta polémica, é para ter en conta, dos que che recargan as pilas. Especialmente satisfaceume algún dos artigos defendéndoa, aínda que non defenderan explicitamente a crítica, si observo que en xeral dan por atacado todo o sistema., natural, porque se algo é imprescindíbel son os autores. Imaxinanen: sen autores, sen crítica, que queda?

Modestamente, un tamén matinou o seu, alén do xa escrito nesta bitácora. O resultado é un texto sobre a crítica que xa teño rematado hai case unha semana. Que non fixen público porque tampouco falo únicamente da situación actual da crítica, nin quería actuar como caixa de resonancia dos infundios. Dareille os últimos retoques e, estean atentos, proximamente subireino.

Chuzame! chúzame -

Arte Livre e CDG

Posted: mércores, xaneiro 23rd, 2008 @ 1:16 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Infórmame Mraga Romero que o TAL (Teatro Arte Livre), o xoves, 24 de xaneiro, do 2008  a estrea da obra de Teatro "Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegard".

A obra estará en cartel todo o mes de xaneiro e febreiro:

xoves, venres, e sábados ás 21 horas.

Domingos ás 20 horas

Noticia excelente, sinto ben estima polo traballo de Arte Livre, desde a pirmeira vez que os vin. Agardo poder ir.

Por outra banda, isto lémbrame un sucedido, alá por principios dos noventa. Estando eu en Bande, o CDG mandou unha circular convocando os xefes de departamento de galego (había lguén máis') para unha reunión informativa no edificio da Delegación da Consellería en Ourense. E fomos moitos, moitos,e falounos dos proxectos do CDG. Entón, alguén, creo que de Rivadabia, preguntou polo horario. Porque claro, os nosos alumnos, os de todos e inclusive moitos de Ourense, chegaban ao centro en transporte, ás veces mesmo tiñan que combinar dous, e marchaban para a casa tamñen así. Resposta de Manuel Guede, o convocante: os horairos son os que son, ás 20 horas, creo que era. Entón, con ese horario, como alguén pode pensar en que traiamos os alumnos ver o espectáculo que se nos propón?. Resposta do convocante: "Hai que habituar os alumnos a horarios europeos"

Como llelo conto. Así, quen debía crear espectadores, utentes do teatro galego, así os trataba. Non é que non aprenderan, era a súa política. Por aquele stempos andaba por aquí un actor arxentino ( perdoen que non lembre o nome, apenas que estivera no equipo de rodaxe de A Misión, que tiña unha escola de actorers para indíxenas), ben pois este actor enchía os teatros porque actuaba á hora que os centros lle solicitaran. O CDG, significativamente, tiña que cancelar actuacións ou pechaba as portas porque non habái espectadores.

Así era o CDG.

Canto tempo ten en cartel as sáus obras o CDG en Vigo?

Chuzame! chúzame -