ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for xaneiro 25th, 2008

Bingo, terceiro día de lectura

Posted: venres, xaneiro 25th, 2008 @ 9:08 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

 O libro remata con

- "A primeira vez (Domental)", son 13 poemas

- e un "Epílogo", un epílogo que consta de un poema, un poema no cal a autora reflexiona sobre o libro ( ela é a autora e a primeira lectora) e outro no que semella querer ficcionarse. Como unha tripla despedida

Subliñei (para que ti soñes):

*...por aí, coma un galo quirico. Igual vive nun deses pisos

nihilistas ou non.   (59)

.......................

*Porque A REVOLUCIÓN non é unha verbena para a que nos

cubrimos ou descubrimos ad hoc, senón unha orxía

e require CORPOS DES-AFORADOS previamente e non do

revés

(Léase corpos políticos e semióticos)

Son máis dos que pensamos os corpos presos polo fascismo. (63)

..................................

*Todos ilexítimos. Todos dalgún roupeiro. En construcción,

logo do alboroque   (69)

..............................

*(Teño que repasar a fábula da lebre e a tartaruga, teño que

repasar a Lenin e  Rosa Luxemburgo)     (73)

...............................

*Ten sexo, esa formulación política un sexo enorme e ata

agora descoñecido, o grande competido?   (75)

..............................

*Este traballo é o que me pediu: pon a hostia en verso, ese

foi o convido  (82)

........................

É poesía escarlata e, como tal, liberada...palabra para a utopía, para a loita e a reflexión.

Chuzame! chúzame -

luxo social

Posted: venres, xaneiro 25th, 2008 @ 12:44 pm in CARA ADIANTE | No Comments »

Non, meus, non, a literatura (a cultura) non é un luxo social. Un luxo é cando podes perfectamente apañarte cun utilitario pero ti compras un todoterreoestratosférico. O luxo é unha alternativa. Que alternativa hai á cultura, á litertura?

Non meus, non, non é un luxo, é unha necesidade social básica. Así o sente quen non a ten. A postura do luxo échevos burguesa demais, decimonónica demais, prexuízo no que os partidos conservadores (que neste país equivale a ultradereita) alicerzan a súa política.

Chuzame! chúzame -