O XABARÍN E O TERRORISMO CULTURAL
Insistirei. PERO QUE NARICES PASA CO XABARÍN DAS TARDES?
Porque os nosos fillos teñen que resignarse a unha horiña polas mañás mentres almorzan?
Xusto cando están na casa, non teñen nin un minuto de programación para eles!
É certo que as outras xeneralistas tamén son moi deficitarias en atención á progración infantil. Pero o rapaz ten onde escoller, sempre haberá algunha que, aquí ou acolá (dixital, analóxica, de pago...). Se se trata dun castelánfalante, no problem. O problem vén se é galegofalante. E ese problem é moito problem, interprétoo como unha descastada tentativa política de que o rapaz entenda que falar galego é problemático, non tes as mesmas oportunidades.
Descastada? Quedeime curto.
E Política Lingüística coa boquiña pechada? Como se pode entender tamaña desatención, tamaña deixación de funcións ... non lembro que nunca, nunca, dixera nada a respecto do comportamento da CRTVG co lingua galega.
Dimita, señora Directora Xeral, non roube máis os cartos do contribuínte, que deben servir para pagar a alguén que de verdade sinta a lingua e traballe por ela.
Unha das satisfaccións máis grandes da miña vida é criar ao meu fillo en galego. Xa non por militancia, por simple decencia e sentido práctico, porque non se pode entender ben o mundo desde unha expresividade reducida pola deficiente capacidade para atender e entender o que ten ao redor. Por honradez.
Entenden o que é iso, señores da TVG e da DXPL ?, honradez...criar ao meu fillo en galego malia que quen tiña que axudarme non deixa de poñer cambadelas, e quen tiña que axudarme está pagado con cartos públicos...
Ah, señores, vostedes escandalízanse se oen falar de maltratos aos que veñen de fóra...
Xa, non lle dou valor ningún á súa escandaleira, porque ser humanitario debe ser normal, non unha excepción
E moito parolan de integracionismo, que hai que integralos etecé etecé...Paráronse a preguntarlles e queren integrarse?..Por certo, se a integración non comeza pola cultural non pasa de ruído idiota...
Xa, e cos de auquí que? De cantas bolsas dispoñen os nosos rapaces para inmersión lingüística en inglés? E en galego?
Terrorismo cultural. Puro terrorismo cultural.
Que era o que opinaban vostedes dos terroristas?
chúzame -