ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

O XABARÍN E O TERRORISMO CULTURAL

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 2008-01-30 @ 3.57 pm

Insistirei. PERO QUE NARICES PASA CO XABARÍN DAS TARDES?

Porque os nosos fillos teñen que resignarse a unha horiña polas mañás mentres almorzan?

Xusto cando están na casa, non teñen nin un minuto de programación para eles!

É certo que as outras xeneralistas tamén son moi deficitarias en atención á progración infantil. Pero o rapaz ten onde escoller, sempre haberá algunha que, aquí ou acolá (dixital, analóxica, de pago...). Se se trata dun castelánfalante, no problem. O problem vén se é galegofalante. E ese problem é moito problem, interprétoo como unha descastada tentativa política de que o rapaz entenda que falar galego é problemático, non tes as mesmas oportunidades.

Descastada? Quedeime curto.

E Política Lingüística coa boquiña pechada? Como se pode entender tamaña desatención, tamaña deixación de funcións ... non lembro que nunca, nunca, dixera nada a respecto do comportamento da CRTVG co  lingua galega.

Dimita, señora Directora Xeral, non roube máis os cartos do contribuínte, que deben servir para pagar a alguén que de verdade sinta  a lingua e traballe por ela.

Unha das satisfaccións máis grandes da miña vida é criar ao meu fillo en galego. Xa non por militancia, por simple decencia e sentido práctico, porque non se pode entender ben o mundo desde unha expresividade reducida pola deficiente capacidade para atender e entender o que ten ao redor. Por honradez.

Entenden o que é iso,  señores da TVG e da DXPL ?, honradez...criar ao meu fillo en galego malia que quen tiña que axudarme non deixa de poñer cambadelas, e quen tiña que axudarme está pagado con cartos públicos...

Ah, señores, vostedes escandalízanse se oen falar de maltratos aos que veñen de fóra...

Xa, non lle dou valor ningún á súa escandaleira, porque ser humanitario debe ser normal, non unha excepción

E moito parolan de integracionismo, que hai que integralos etecé etecé...Paráronse a preguntarlles e queren integrarse?..Por certo, se a integración non comeza pola cultural non pasa de ruído idiota...

Xa, e cos de auquí que? De cantas bolsas dispoñen os nosos rapaces para inmersión lingüística en inglés? E en galego?

Terrorismo cultural. Puro terrorismo cultural.

Que era o que opinaban vostedes dos terroristas?

Chuzame! chúzame -

2 Comments »

  1. manel vazquez:

    suscríbome ó teu cabreo, xosé manuel. semella que pronto estaremos marcados novamente por falar galego, se xa non o estamos, volvemos atrás, antes na ventanilla facían que non entendían cando lles falabas no teu idioma, agora pode ser que a ventanilla te mire desafiante coma queréndoche dicir segregacionista, insolidario, antisocial e incluso mal pai.

  2. Oulego:

    Estou de acordo con vostede. Tamén nos afecta aos que non vivimos en Galicia, pero vemos a galega, e queremos que os nosos fillos vexan a galega. O desconcerto é tal que xa non se sabe cal é o maior enemigo, posto que todos semellan querer esmagar lingua e cultura. ¿Mellorará isto coa segunda canle?

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)


*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word