ferradura en tránsito

Non tes paradura, neno

Archive for febreiro, 2008

unha falsa luz

Posted: venres, febreiro 29th, 2008 @ 3:37 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Remato hoxe de ler a novela que pecha a triloxía evanxélica. Cen paxiniñas me quedan, hora e media  de lectura calculo.

Non será fácil que esqueza esta historia que conta Alcalá, non, hei debullar as razóns na crítica, algunhas poden ser curiosas.

Dígase, tamén, que vive moito das anteriorees, sobre todo da segunda parte, en realidade é a continuación da segunda parte, as personaxes xa están creadas, o núcleo fundamental delas. É dicir, ten pouca autonomía con respecto ás outras partes, dígase por se alguén pretende lela sen ter lido as anteriores: perfectamente lexítimo, non se arrepentirá debido a iso, mais debe telo en conta.

Sei, por o Levantador de minas, que foi concebida como unha macrohistoria planificada como novela histórica. Nótase, certamente, mais tamén hei dicir que boto de menos algún recurso fundamental.

Chuzame! chuzame -

xabarín e perversión

Posted: venres, febreiro 29th, 2008 @ 12:34 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Será legal, pero é natural meter un espazo de propaganda electoral entre os anuncios de xoguetes e esas cousas do Xabarín? Un espazo de propaganda electoral da falage, nada menos. Pasou onte.

Por certo, alguen sabe se foi o único espazo electoral proxectado nese abano horario? Temo que a resposta sexa positiva, mais quería confirmalo.

Legal, natural...hai outros cualificadores: maquivélico, por exemplo; descoido irresponsábel; desleixoso doloso da infancia, porque os nenos e nenas, na tele galega aténdense por compromiso, mal e mesmo parece que con vontade a ver se xa non temos que atender máis a estes críos.

Se queremos futuro, e temos dereito a el, necesitamos algo máis que a mentira dos conflitos individuais (só de carácter individual) do Padre Casares - no Don Camilo italiano había un trasfondo de loita política que aquí desapareceu totalmente- ou que os avatares de medio sorriso de Os atlánticos; necesitamos algo máis que programas nos que se subordina ou se prostitúe a lingua, caso de do programa de novos talentos que conduce Teté Delgado; algo necesitamos algo máis que a perversión do Luar...necesitamos que os nenos e nenas, sen les non hai futuro, sexa atendidos conforme é debido.

Potr certo, que dirían en Madrid se lles pasaran un espazo de propaganda electoral do Bloque aos nenos?

Pois iso, e ademais

Chuzame! chuzame -

como mente la voz de galicia

Posted: xoves, febreiro 28th, 2008 @ 3:42 pm in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Edición impresa de La Voz.

Tamén desde a edición de internet (que ademais, alá polo recanto superior dereito, ofrece a posibilidade de lela en galego), nese caso debedes ampliar a portada da edición impresa, que vén cara ao  final.

Refírome a esta noticia: "La conselleira de Cultura revela que el viaje a Cuba de 150 personas costó 1,3 millones"

Carallo...nin que a noticia falara dunha viaxe de pracer...XA HAI QUE SER TEIMUDOS NA MALA CONCIENCIA

Evidenteme explícase ese títular desde o afán por contrarrestar o éxito da expedicón da Cultura Galega, desde a comezón interior que lles produce que a cultrua galega saia ao exterior e se mostre como é, sen filtros mentireiros como LVG.

Que outra definición ten a mentira se non é non contar a verdade?

Xa comentei aquí o boicó que se prepara contra as mentiras de LVG (sobre todo, e os demais que poñan as barbas a mollo).

Agardo impaciente que se poña en marcha. Polo ben de Galicia. Xa estamos fartos! E aínda máis fartos porque a Adminstración galega subvenciona ( e non vivirían sen esas subvencións, ademais estano pasando mal, mesmo perdendo lectores na súa cidade bandeira) a estes patrañeiros mentirosos que, en realidade xogan en contra de Galiza. E algo hai que facer.

Chuzame! chuzame -

no medio e medio do perigo, da aventura, da emoción

Posted: xoves, febreiro 28th, 2008 @ 1:41 pm in CARA ADIANTE, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Moza, mozo, buscas aventura, vivir unha vida chea de emoción?

Mozo, moza, e  se ademais, mira ti, esa trepidante vida tamén é útil aos demais?

Aímate, é posíbel.

Faite nacionalista.

Non do pepé. Aí sós che ensinarán a obedecer-obdececer-obdecer e pisar-pisar-pisar sen compaixón cando ti mandes. Aí non hai ideas. Aios poucos que teñen iedeas e mesas ideas hai algo máis que individualismo, que corporativismo, que servidume aos grandes poderes...eses están apartados, son marxinais-

Tampouco che ten moito futuro o pesoe, tampouco. Non hai moita diferencia. A penas nas formas. Son menos autoritatios nas formas, aparentemente máis deócratas, aparentemente. Pero, no fondo, a servidume é a mesma. Pero no fondo todo se resolve en trepar, na ansia de poder. E , na pose do poder, non se distinguen do pepé, un chisco máis dialogantes, en aparencia, porque despois de todo tampouco falan con calquera, igual que o pepé.

Pois iso, unha vida repleta de aventuras, na que poidas sentir o valor da túa propia existencia en virtude dos beneficios que tamébn lles proporcioanrás aos demais?

Soa  ben.

E é certo.

Faite nacionalista galego. Descubrirás todo o que a Historia che agachou. Descubrirás todo o que a Historia manipula. Sentiraste herdeiro e rebotaraste, contra a manipulación, contra a inxustiza. Terás claro que este mundo é un pano cheo de mocos e hai que lavalo algunha vez. Sentirás que o que ti fas neste mundo é reclamar a procura de que se lave.

Faite nacionalista gaelgo. Tamén porque está prohibido. Non imaxinas cantas emocións ter agardan. O subidón que dá saberte solidario, que entendes e che importan as xentes que tes ao lado...ah, e cando recoñecen o teu traballo, eses ollos de agradecemento..! O subidón que che dá ter claro como queres que  sexa o tue futuro....parta un raio as drogas! O subidón que che dá ser protagonista da Historia!, iso ningún outro ideario pode compartilo. Amiga, amigo, ser protagonista activo, evitar que morra unha cultura milenaria, que é outra, unha maneira propia de ver a vida...iso énchete de orgullo, dáche seguranza e debúxache un sorriso imborrábel nos labios e na alma...ah, e tamén na miña alma, e coma na miña, na de todos os que aprendemos a amar  a esta Terra nosa.

Pero a emoción, lembra que estás prohibido. Nunca saberás, cando protestes, se vas ser detido, cantas noites pasarás na piola...Hai xente coma ti noutros lugares, e aínda que ti non protestas con maneiras diferentesa eles, a ti perséguente, teno claro, non polo que fas, senón polo que es, polo perigo que es.

Estás no medio e medio do perigo, da emoción, a da aventura.

Chuzame! chuzame -

irresponsabilidade política

Posted: mércores, febreiro 27th, 2008 @ 12:47 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Imaxinen, miñas donas e meus señores, que vou e monto unha asociación que se adique a recoller asinaturas para botar o castelán da Galiza; pois nondeixa de ser unha lingua estranxeirae invasora, que nola meteron a mantenta para darlle o finiquito a unha cultura que séculos antes lles facía baixar a mirada, a nosa, a do reino máis vello da Europa da era cristiá; pois non deixa de ser, o castelán, unha lingua que nos causou graves quebrantos económicos coa súa imposición, pénsese en todos os, que hoxe chamariamos funcionarios, que perderon o seu medio de vida por culpa desa imposición; por non falar das consecuencias que no desenvolvemento social e económico o feito de non podérmonos expresar como queriamos, o feito de ir reducindo o nivel expresivo par que non nos caera a puliña enriba, para non crear problemas; poden continuar vostedes........................ Porque ao que vou, meus, é a outra consecuencia:

Imaxinade que, como me sobran razóns, comezo, comezamos a pedir asintauras para botar a plaga do castelán...e entón non irían Nunes Feixó e a sá cuadrilla e non me acusarían de grave irresponsabilidade política? Acaso La Voz, El País etc non me habáin condenar neses termos?

É así de simple, se LVG ou EP se "molestaran" en cualificar aos Galicia Bilingue como merece quen enfronta a irmáns simplemente porque non lle dá a gana de aprender galego, os gabis pasarían á historia.

E que conste. Sigo non entendendo o silencio de Política Lingüística, cando van directamente por ela.

E que conste. Tampouco entendo, nada, a postura, a pasividade do bloque. Unha ofensiva en toda regra como é esta, con estratexia dinamitadora clara e eles en facer nada, e estando na Xunta....

Chuzame! chuzame -

a literatura galega na internet

Posted: martes, febreiro 26th, 2008 @ 4:34 pm in Sen clasificar | No Comments »

Seguimos guguelizando. Non é un xogo inocente.

(A.D. Rodríguez) Castelao

Rafael Dieste

Ánxel Fole

Fermin Bouza-Brey 

Luís Seoane

Luís Pimentel

María Mariño

(Ricardo) Carvalho Calero

Amado Carballo

Chuzame! chuzame -

alerta

Posted: martes, febreiro 26th, 2008 @ 2:25 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Alerta, xentes de Chantada, onte viuse por aí o autobús dos que queren acabar co galego. Estade alerta, igual vos queren amargar a Feira do Viño. Dame a impresión de que non van deixar ningunha destas festas de exaltación por amargar. Loitade, se non por vós, polos vosos fillos. Loitade xuntos, como se loitou logo de morte de Franco,  por un futuro mellor...porque os fillos merecenun futuro mellor, e un futuro sen o galego é moi pobre...

Alerta, xentes da Galiza, vede libertinajelinguístico.blogspot, e actuade, non nos van vencer con mentiras.

Chuzame! chuzame -

quen gaño o debate zp-raxoi?

Posted: martes, febreiro 26th, 2008 @ 2:12 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Dá pena ver a submisión dos medios de comunicación aos idearios. Dá pena, xustifican o inxustificábel.

No debate de onte, viuse un Raxoi que non sabía lección e, como os malos alumnos, procuraba, decote, inspiración elevando os ollos cara á esquerda, o cal  vén significar pouca seguranza no que se está dicindo.

No debate de onte viuse un Raxoi intransixente. Repetiu deica a saciedade iso de "Non me fale de...". Polo que di se coñece á xente. Neste caso, a un intransixente, un intransixente que, para máis, non sabe ser outra cousa. Non ten pensamento, é incapaz, só é quen de seguir un ideario marcado por outros. Iso si, reclama protagonismo, gústalle sentirse protagonista e fará o que sexa para que así oconsideren.

E viron os ollos desorbitados de Raxoi?, ameazantes, os mesmos olos que poñen os cans cando ladran avisando que queren morder...

Eis o que nos ofrecía a alternativa a ZP. Esta indixencia.

E ZP, ese no seu papel, escudándose na xestión feita e atacando a mal feita polos pepés antes. Abondoulle paar darlle catro patadas ao das barbas.

E que pobreza de debate. Sen ideas, sen expoñer proxectos. Dous rapaces da ESO debaten mellor.

Pero hai máis perversión. Por exemplo  a do xornalista que entrevista a uns mozos (La Sexta) , moitos non se deciden, polo que dicimos, a falta de proxectos...Pero é que a estas eleccións preséntanse moitos outros partidos políticos, señores, que, se cadra si teñen ideas, claro que vostedes, fomentadores do bipartidismo, non  os deixan participar. Temos que escolller, obrigatoriamente entre a nada intelectual e menos que nada. Isto empeza a lembrar a Contrarreforma. É realmente outra Contrarreforma. Admitimimos que poida haber diferentes idearios, pero non que poidan ser votados. Se é vostede galego, vive e empadronouse en Madrid, pode votar polo BNG, por exemplo? Por non falar da persecución ao ideario abertzale. Por non falar da persecución do ideario nacionalista galego (vexan a parafernalia, a esquizofrenia, das últimas detencións)..

E aínda haberá quen encha a boca con iso de que as eleccións son libres...

Chuzame! chuzame -

máis outra entrevista hostil na radio galega

Posted: martes, febreiro 26th, 2008 @ 1:52 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

No programa da mañá.

Cre que no microespazo no que se entrevista "en profundidade" a unha personaxe.

Entrevistaban a unha militar.

Reproducción case literal dun treito da entrevista.

-Ben, estamos falando en galego, seguro que nos entenderá...

(Carai, pensamos, coma se o galego non fora lingua na que entenderse)

(Carai, pensamos, porque ela, é estranxeira, está visto que o galego non serve para andar por aí, é unha cousiña doméstica)

(Carai, pensamos así porque a elocución está feita desde  esa perspectiva, da perspectiva de que case hai que pedir perdón por utilizar a  nosa lingua con estranxeiros. Coma se un francés (escóllase outro...) fose ter esta actitude conmiserativa con nós e case lle dese máoga falara súa lingua por se nós non o entendiamos.)

E menos mal. Porque a outra presentadora xa che lle preguntaba directamente en castelán aínda que estaba comprobando que non había problema utilizando o galego...

Chuzame! chuzame -

a literatura galega na internet

Posted: luns, febreiro 25th, 2008 @ 7:45 pm in CARA ADIANTE | No Comments »

vas e guguelizas Blanco Amor e sáeche isto

se o fas con Celso Emilio Ferreiro, isto

se con Álvaro Cunqueiro, eis

con Curros Enríquez, pois

Eduardo Pondal, velaí

Ramón Cabanillas, isto

Noriega Varela, velaí

Rosalía de Castro, eis

Martín sarmiento, isto

Manuel Rivas, velaí

Xosé C. Caneiro, isto

Xosé Miranda, pois

Dá que pensar,seguiremos

Chuzame! chuzame -