políticos e política, en palabras de Sulema
Envíame Sulema un correo electrónico . Xa me gustatría saber en que anda metida: agardo que sexa escribindo o Catálogo de mulleres de que me ten falado. Non me resisto a comentar o correo:
Comeza falando dos transpositores gramaticais, da necesidade democrática de que as cousas non teñan un estatuto fixo, o único fixo, perenne, debe ser a persistencia nos entimentos cando este son positivos, e debe ser o único fixo porque bon para o ser humano.
Fóra disto, dáse unha caste humana certamente curiosa e nociva: os políticos. Son transpositores especializados en transformar mensaxes que deberan de ser de esperanza , en discursos xenericamente asimilábeis á ciencia ficción. E todo en virtude da súa persistencia no cinismo, no fomento da hipocrisía, animosamente acollido polos medios de comunicación, ou mellor dito polos axentes da desinformación social. Falar de democracia, non deixa de ser un eufemismo; democracia tutelada polo herdeiro de Franco, o ditador, sen que a ninguén lle preguntaran, sen posibilidade de escolla, sen posibilidade de reestrablecer o réxime golpista que tumbou a República, sen posibilidade de sequera de restitución da legalidade que os españois votaran, aggg: democracia espúrea
Remata Sulema "cóntocho a ti porque podo, a mordaza que temos é tan intensa que, dito en pùblico, pode semellar que non simpatizo cos políticos, opinión cultivada historicamente polas dereitas e o poder. E non é certo. Hai xente politicamente necesaria, como tamén hai xente absolutamente inservíbel, especialistas en vender fume e facer ver como imprescindíbel a súa prescindibilidade. O colmo xa é cando a prensa fai figurar case como unha traxedia, o retiro ou "pase a segunda actividade" destes impresentábeis. E cando os beatifica, despois de mortos. A xente ten que ir tomando conciencia de que as cousas poden cambiarse, pero non desde o nihilismo, a xente ten que ir sendo consciente de que aínda ten pernas, voz,e capacidade de pensar por si mesma. Pouca difereza acho entre a viloencia de xénero e a violencia social dos políticos inútiles"
chúzame -