máis sobre o fomento da lectura
Vén de saír o Barómetro de hábito de lectura e compra de libros. Os medios de comunicación, sobre todo os escritos, cínicos eles, dan conta, todos.
Asusta ver a Galiza tan baixo. A Xunta reacciona: prometen unha nova campaña. Medo me dá, máis carteis, cousas desas, cousas inútiles, é o que agardo. O movemento demóstrase andando, non desde unha faixa publicitaria.
Todo vai ben deica que o os lectores deixan de ser mozos e abandonan o sistema escolar. Coincidencia coa ruptura da cadea de transmisión lingüística do galego na famila. Tamén, non deboten. Pero non é a causa fundamental. A causa é o abandono do lector nas fauces dunha sociedade que repele os hábitos lectores, desprovisto do amparo, da guía que o profesorado (mal que ben) exercía; desprovistos desa guía e de ningunha outra posuidores pois que os media,(para nós La Voz, El Progreso, la Región etc..., pero tamén a radio e a televisión) dan un tratamento risíbel ao relacionado co libro, non o prestixian, dealúano, dese xeito de pouco serve que dispoñan de nichos de crítica literaria ( na que tampouco cren, pero atúrana por diversos motivos, entre eles está o feito diferencial: La Voz : para tinxir de cosmopolitismo o aldeanismo cultural de que fai gala nas páxinas das outras seccións; El Páís: para tinxir de galeguismo o centralismo descarado e reacionario das outras seccións; a Radio Galega: ten un dos mellores programas culturais europeos, desterrado a horario marxinal; TVG: fala dos libros desde o formato máis carca, menos dinámico e menos efectivo ou atraente que coñezo...seguimos?).
Nunca tan necesaria foi a crítica literaria.
Nunca tanto e tan variado se editou. Nunca tantas posibilidades houbo der. Nunca tanto se leu. Tamén é certo e non é consolo. Pasa que nunca tanto se dixou de ler, porque nunca a sociedade tivo mellores condicións para ler. Pero quen vai ler, se non está in? E que é o que está in ou out? O que os media digan. O que se leva é a cultura da estupidez espectacular, os triunfitos, as telenovelas, os grandes irmáns, esas cousas.....
chúzame -