ortigas, de Xiana Arias Rego
Tíñao atrasado, diversa casuística impediu que deica hoxe puidera ocupar deste poemario, deste primeiro poemario de Xiana Arias Rego, XIX Premo Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.
Non foi, como en ocsaións precedentes, unha lectura feita en tres tempos, senón nun, único e moi intenso.
Polo tanto, o que vou facer vai ser reproducir as notas que tomei na súa lectura. Como poucas veces fago anotacións dos derradeiroas poemas, o que farei será, unha vez que ti, lector@, coñeces isto, trascribir as anotacións mais de atrás adiante.
"Vostede non limpa nunca?" é o apartado final, non ten anotacións
-"Unha noite estaba cuns amigos", é un precioso microconto, absolutamente precioso.
-"Laura", tamén prosa, hiperbreve, outro microconto,
-"Laura con forza", a rutina da nada
-"Cando laura chorou", precioso microconto, precioso
"-com o segue?", tírate ti...comezar algo
"Laura fala co chan", rutina, esforzo individual
"Aínda dormen", que miras?
"(Nunca choveu que non escampase) Historias do arrabalde"
"-Imaxina que nunca soubeches", o horrror do exterior, precioso microconto
"Unha princesa é unha princesa", o destino, precioso microconto
Cullarapos na sopa
"Ensíname a deda grande", a necesidade de participar, da compaña
"O café e a comida", necesidade de afecto, sinceridade
"Sento na mesa da cociña", a rebelión de Laura, da túa propia sombra, autocrítica
"Esta mareada", desaprendín coma coma se pedise perdón, durísimo, ou o ao que equivale ser muller
"Insto non é literatura feminina (...) ao fina lea vaise, soa, cravando as unllas dos pés no asfalto"
"O que temos entre as mans é pan reseso", prosa poética, moi lírica, claro
"A raíña do underground"
"Ídevos", para non ver non chega con pechar os ollos...pois non, ás veces é cando máis se ve
"Comen o baleiro", téñeno dentro e non o poden soltar
"Achégase", poema batedor, a voz poétrica, non voz lírica, quere ser a mala da película, (muller fatal, porque así non se sentirá muller ferida....)
"Teslle medo ás vacas", prosa con forma poética, insatisfacción e violencia da vida, frustración: condición humana
"Estou preparada para ir bailar", enigmáitico remate.
"A pel entre os dentes"
"As lauras retórcense cando as miras", vergoña de que as vexan, ás lauras, eses símbolos de eu fracturado
"Enriba da mesa" bonecas esquecidas
"Quero facerche un regalo", dialogado, microconto, máis valor do material que do sentimental, frío por real
"Sentada na porta da casa", ansiedade
"Teño no salón unha lámpada", lauras, bonecas de porcelana
"Ten cara de non durmir", agardando, necesidade dee que alguén rache o establecido, a soidade, esa eternidade
"Corren arredor do polideportivo", solidariedade coa dor das mulleres
"Nas galerías",lanzas, sexo por comida, actos cotiáns
Poema das ortigas
"Ben acomodadas na sáu caixiña de cartón", os abridores de latas, o símbolo
"Nos furados de pedra", pequenas lauras, centro comercial / cociña
"Nas cousas que collen mofo", pouco lategazo final evocador
Tampuco teño anotacións dos primeiros poemas, non cadra mal nesta experiencia, díxose o suficiente paar deixar unha imaxe do libro.
Anotacións marxinais:
laura: desdobramento da voz lírica, intérprete e conselleira da voz lírica.
poesía de necesidades máis ca de verdades ou sentimentos.
desde a poesía ao microconto, toda a beleza da literatura
poesía breve, microconto: cápsulas de beleza suprema.
XMEYRE (2008)
chúzame -