ferradura en tránsito

Non tes paradura, neno

condena do nacionalismo galego

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 14 febreiro 2008 @ 3:48 pm

teño coñecemento, de primeira man, de que o das agresións a María Sangil é outra montaxe (que a Delegación do Goberno andara polo medio non me estrañaría, nadiña).

teño coñecemento, de primeira man, de que a violencia foi en realidade provocada pola conferenciante, que en ningún momento falou sobre o tema proposto senón que se adicou a emitir un mitín político no que non faltaban expresións vexatorias raiantes, agresións verbais propias de bípedos con algunha anomalía cerebral que lles impide a normal apliación das normas de cortesía agardábeis dun conferenciante agardábeis en calquera persoa civilizada.

ningún axente resultou ferido, iso di quen foi testemuña, si resultaron feridos varios manifestantes.

do que si fun testemuña, como todos, é da paranoia condenatoria que os mass media se apresuraron a vociferar. Cada vez isto parécese máis á Alemaña de preguerra.

o interese en esukadizar a vida socila galega, quitando do medio  ao BNG, é moi rendíbel tanto para o PP como para o PSOE, visto, sobre todo, que aquí non temos prensa libre de coacción centralista

aquela campaña contra a prensa da realidade virtual (nomeadamente LVG) é máis necesaria que nunca

xa abonda de tanto mentir

REPÚBLICA GALEGA XA

Chuzame! chuzame -

1 Comment »

  1. (...)*:

    Totalmente de acordo, ainda que eu de política non é que me entere moito, precisamente tivemos que buscar unha noticia para dar a opinión e foi esa mesma a que escollín. Tamén me preguntei que faría esa muller para provocar a reacción dos estudiantes, persoas seguramente bastante mais lúcidas ca ela.
    En canto ao da República dende logo que sería maravilloso retirar á nosa querida realeza e demais achegados que chupan do bote e tanto fan por nós.
    Ainda que creo que para independizarnos totalmente deberíamos comezar a espabilar xa. Cun pouco de esforzo e sorte ainda conseguimos quitar tódolos McDonal´s de Galiza e abrimos o McChurrasco.
    Nada máis. Solo deixar unha pequena opinión.
    E agradecida de poder obter información achegada.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)