ferradura en tránsito

Non tes paradura, neno

XABARÍN E O TERRORISMO CULTURAL (3)

Arquivado en: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 14 Febreiro 2008 @ 3:30 pm

Na radio, como sempre a RG, o tema era o presin cach

Asusta, e moito, comprobar como os adultos banalizamos a violencia. Que sempre a houbera, que antes andaran a navalladas nas festas, que eles tamén o viron e non pasou nada, que se o telexornal é peor...nada diso xustifica a presencia na programación de programas violentos en horas nas que os nenos poidan consumila libremente. O pai que queira que o fillo vexa iso: que pague para iso. Sexamos serios. A violencia de onte non pode xustificar a de hoxe, ou non queremos que mañá sexa mellor que hoxe?

De todas maneiras, non só hai que falar de cuatro. Vexan o que sucede na tvg. O obxectivo, non teño dúbida,é a desgaleguización da sociedade. Programas como Air Galicia non deixan lugar a dúbida. A desatención aos máis cativos é marca da casa xa: unha horiña, que queda en pouco máis de media se sacamos os anuncios. Despois que poden ver. Van Damme, e outros musculsos violentos, repetidamente, telenovelaslixo..cousas así. Dá noxo. Sigo pensando que a Xunta debería entrar non xogo, temos que esixirllo. Non nos podemos queixar da quebra xeneracional e xa está. Digo que hai que movilizar á Xunta porque a DXPL, logo comezará a empregar ofeito da quebra xeneracional como algo ineludíbel, cando non é certo, pero é que non se queren poñer os medios porque politicamente, cinicamente, non interesa.

Porque, vamos, quen se ocupa de protexer aos menores galegos, as necesidades dos nenos galegofalantes? Non teño razón ao reclamar que Xunta se molle?

XABARÍN POLAS TARDES XA.

Chuzame! chuzame -

1 Comentario »

  1. r.r.:

    Tena toda, claro que si.

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Os saltos de liña e parágrafos son automáticos, os enderezos de correo electrónico nunca se publican, as etiquetas HTML permitidas son: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

(requerido)

(requerido)


*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image