Andan os do PP escocidos, rabiosos, doentes.
Cuba debeu ser un éixto aínda miernade do que eu imaxino. E ao PP a cultura, cúrtalle a disxetión. Cando digo PP digo a súa práctica e filosofía política. Cando falo do PP falo dos herdeiros do franquismmo, tampouco niso negan a herdanza.
Quéixase Nunes Feixó de que Ánxela Bugallo levou un séquito como un presidente. En todo caso Ánxela Bugallo, por moito que falase por todos, alguén tiña que facelo, se fora eu, sentíriame eu como o séquito dos axentes culturais alí presentes
Nunca na illa estiven. Coñezo, si, cubanos exiliados ou emigrantes, de todas as opinións. Teño para min que unha das sorpresas que levaron, foi a grande afluencia de público. Teño para min que os cubanos saben que están constríndo unha cultura, que se senten construtores dela, protagonistas. Isto é o que menos lle gusta ao PP, actual aliado natural dos gabis sen vergonza. Sinto unha desazón interna cando penso nisto, e me dá por imaxinar cánto están perdendo tantos galegos por non sentirse portagonistas da súa cultura, esa satisfacción non se paga con palabras. Pero, aqueles a quen llela roubaron, si deberían reclamar economicamente, ademais de co voto, ante quen lles causou esta pobreza. E hai moito que reclamar ao PP e o franquismo. Uff, e todo o que perdemos nos séuculos de inquisición das ideas....!!!!! Aínda o estamos pagado hoxe, créanme. Nós, os galegos, empezamos a ser a cada día máis conscientes. En Madrid néganse a recoñecelo, polo xeral. Pois se queren explpicaicón do atraso cultural español, aí a teñen. Pensen, por exemplo, que no XX e principios do XX as avangardas culturais sempre chegaban tarde, claro, non tiñan costume, e aínda non a teñen. E cando se queiran explicacións ao baixo nivel lector comprado con Europa, crean que tamén ten moito que ver. Lastre de tantos séculos non se desinstala polas boas.
chúzame -