ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

máis outra entrevista hostil na radio galega

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 2008-02-26 @ 1.52 pm

No programa da mañá.

Cre que no microespazo no que se entrevista "en profundidade" a unha personaxe.

Entrevistaban a unha militar.

Reproducción case literal dun treito da entrevista.

-Ben, estamos falando en galego, seguro que nos entenderá...

(Carai, pensamos, coma se o galego non fora lingua na que entenderse)

(Carai, pensamos, porque ela, é estranxeira, está visto que o galego non serve para andar por aí, é unha cousiña doméstica)

(Carai, pensamos así porque a elocución está feita desde  esa perspectiva, da perspectiva de que case hai que pedir perdón por utilizar a  nosa lingua con estranxeiros. Coma se un francés (escóllase outro...) fose ter esta actitude conmiserativa con nós e case lle dese máoga falara súa lingua por se nós non o entendiamos.)

E menos mal. Porque a outra presentadora xa che lle preguntaba directamente en castelán aínda que estaba comprobando que non había problema utilizando o galego...

Chuzame! chúzame -

2 Comments »

  1. turonio:

    É unha vergonza, xa non só pola fonética senón que fan muito mal cando máis dunha vez ao día din primeiro a palabra en castelán e logo corrixense dicindoa en galego. Hai un bocadiño a locutora que modera as entradas de opinión exteriores, do público, dixo estamos llegando, chegando ao final do noso tempo…
    E cando chamas para participar o que descolga o telefono fala sempre español.
    Que nos devolvan os cartos!

  2. xmeyre:

    TODA A RAZÓN É SÚA TURONIO. LEVO MOITO TEMPO SENTÍNDOME INDIGNADO, ESTÁN UTILIZANDO A RADIO E TELE CONTRA NÓS. PERO AGORA NON PENSO CALAR, XA NON,E OXALÁ MOITOS MÁIS OPINEN ASÍ, A VER SE AÍNDA PODEMOS SALVAR ALGO.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)


*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word