ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for febreiro 27th, 2008

irresponsabilidade política

Posted: mércores, febreiro 27th, 2008 @ 12:47 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Imaxinen, miñas donas e meus señores, que vou e monto unha asociación que se adique a recoller asinaturas para botar o castelán da Galiza; pois nondeixa de ser unha lingua estranxeirae invasora, que nola meteron a mantenta para darlle o finiquito a unha cultura que séculos antes lles facía baixar a mirada, a nosa, a do reino máis vello da Europa da era cristiá; pois non deixa de ser, o castelán, unha lingua que nos causou graves quebrantos económicos coa súa imposición, pénsese en todos os, que hoxe chamariamos funcionarios, que perderon o seu medio de vida por culpa desa imposición; por non falar das consecuencias que no desenvolvemento social e económico o feito de non podérmonos expresar como queriamos, o feito de ir reducindo o nivel expresivo par que non nos caera a puliña enriba, para non crear problemas; poden continuar vostedes........................ Porque ao que vou, meus, é a outra consecuencia:

Imaxinade que, como me sobran razóns, comezo, comezamos a pedir asintauras para botar a plaga do castelán...e entón non irían Nunes Feixó e a sá cuadrilla e non me acusarían de grave irresponsabilidade política? Acaso La Voz, El País etc non me habáin condenar neses termos?

É así de simple, se LVG ou EP se "molestaran" en cualificar aos Galicia Bilingue como merece quen enfronta a irmáns simplemente porque non lle dá a gana de aprender galego, os gabis pasarían á historia.

E que conste. Sigo non entendendo o silencio de Política Lingüística, cando van directamente por ela.

E que conste. Tampouco entendo, nada, a postura, a pasividade do bloque. Unha ofensiva en toda regra como é esta, con estratexia dinamitadora clara e eles en facer nada, e estando na Xunta....

Chuzame! chúzame -