Moza, mozo, buscas aventura, vivir unha vida chea de emoción?
Mozo, moza, e se ademais, mira ti, esa trepidante vida tamén é útil aos demais?
Aímate, é posíbel.
Faite nacionalista.
Non do pepé. Aí sós che ensinarán a obedecer-obdececer-obdecer e pisar-pisar-pisar sen compaixón cando ti mandes. Aí non hai ideas. Aios poucos que teñen iedeas e mesas ideas hai algo máis que individualismo, que corporativismo, que servidume aos grandes poderes...eses están apartados, son marxinais-
Tampouco che ten moito futuro o pesoe, tampouco. Non hai moita diferencia. A penas nas formas. Son menos autoritatios nas formas, aparentemente máis deócratas, aparentemente. Pero, no fondo, a servidume é a mesma. Pero no fondo todo se resolve en trepar, na ansia de poder. E , na pose do poder, non se distinguen do pepé, un chisco máis dialogantes, en aparencia, porque despois de todo tampouco falan con calquera, igual que o pepé.
Pois iso, unha vida repleta de aventuras, na que poidas sentir o valor da túa propia existencia en virtude dos beneficios que tamébn lles proporcioanrás aos demais?
Soa ben.
E é certo.
Faite nacionalista galego. Descubrirás todo o que a Historia che agachou. Descubrirás todo o que a Historia manipula. Sentiraste herdeiro e rebotaraste, contra a manipulación, contra a inxustiza. Terás claro que este mundo é un pano cheo de mocos e hai que lavalo algunha vez. Sentirás que o que ti fas neste mundo é reclamar a procura de que se lave.
Faite nacionalista gaelgo. Tamén porque está prohibido. Non imaxinas cantas emocións ter agardan. O subidón que dá saberte solidario, que entendes e che importan as xentes que tes ao lado...ah, e cando recoñecen o teu traballo, eses ollos de agradecemento..! O subidón que che dá ter claro como queres que sexa o tue futuro....parta un raio as drogas! O subidón que che dá ser protagonista da Historia!, iso ningún outro ideario pode compartilo. Amiga, amigo, ser protagonista activo, evitar que morra unha cultura milenaria, que é outra, unha maneira propia de ver a vida...iso énchete de orgullo, dáche seguranza e debúxache un sorriso imborrábel nos labios e na alma...ah, e tamén na miña alma, e coma na miña, na de todos os que aprendemos a amar a esta Terra nosa.
Pero a emoción, lembra que estás prohibido. Nunca saberás, cando protestes, se vas ser detido, cantas noites pasarás na piola...Hai xente coma ti noutros lugares, e aínda que ti non protestas con maneiras diferentesa eles, a ti perséguente, teno claro, non polo que fas, senón polo que es, polo perigo que es.
Estás no medio e medio do perigo, da emoción, a da aventura.
chúzame -