ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for febreiro, 2008

as mochilas viaxeiras

Posted: luns, febreiro 25th, 2008 @ 12:37 pm in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Sorprendeume. A idea destas mochilas viaxeiras é boa. Chegaron da Consellería. Trátase de mochilas que conterán lecturas variadas (polo que sei do meu centro) para a toda a familia. É un concepto que favorece  a socialización do libros, si, e a nivel familiar, polo cal se constitúe nun importante elemento dinamizador da lectura, á vez, en individuos de idades diferentes.  A lectura familiar é moi importane, un primeiro paso imprescindíbel na socialización do do libro e da lectura na tentativa da súa revalorización a nivel familiar. Porén...

Porén, se fica só niso, en acción a nivel familiar, pouco teremos avanzado, a socialización do indivíduo pordúcese fóra do ámbito familiar. A do libro tamén debe exceder os ámbitos da familiaridade individual.

Polo que eu sei, son os centros os que enchen as mochilas. Perigo, señores. Avisouse con antelación aos centros de que terían isto?, tiveron tempo para pensar ben (porque é moi necesario) os tipo de lecturas e títulos que se inclúen nela?, ten o libro galego ganrantías de existencia nesas mochilas?

Polo que eu sei, pola práctica do meu centro, chegaron catro, que se van repartir unha por curso da ESO. Vamos, un número absolutamente ridículo. Comezaron a repartirse por orde alfabética. Outro erro, gravísimo. Unha boa idea pode acabar mal se se executa mal. É impresindíbel procurar o éxito desde o inicio. Para ter éxito débense seleccionar, por curso, aqueles alumnos que mellor acollida lle dan á lectura. En principio eles son os mellores garantes do éxito; e tamén o merecen, como premio, porque sempre hai que premiar aos lectores, e publicamente. Ademais son exemplo para os demais. Hai que mimar a quen ama os libros.

Os alumnos do meu centro vanas ler durante 15 días, outra ridiculez. O interesante é que as mochilas sexan unha tentación, actúen como unha novidade tentadora e alternativa. Se se fai en quince días, os pais que miren o contido hano facer case por obriga, se o fan. Cada alumno debería ter a machila na casa non menos dun mes, agás no caso de que as lecturas foran feitas antes, nese caso devolveríase ao centro e o centro debería proporcionarlle outra, a partir da información (elaborada polo alumno) sobre as preferencias da familia, corrixindo o posíbel ou incidindo na dirección lectora proposta, se se estimou correcta. Todo isto durante un ano académico. Paulatinamente habería que substituír determinadas publicacións (aquelas nas que máis vezaron os membros da familia), por ficha nas que se informa das súas caracterísiticas e onde sepode adquirir. E recuncar no ano seguinte. De xeito que se fora cultivando, á vez que o gusto pola lectura, a autonomía e necesidades (porque debe sentirse com unha necesidade) lectora. É un proxecto para, con calama, non desenvovolver en menos de catro anos.

E quedará nesas catro mochilas deste ano? Se é así, tamén é gastar por gastar, facer que se fai.

Chuzame! chúzame -

cousas bonitas

Posted: domingo, febreiro 24th, 2008 @ 9:17 pm in CARA ADIANTE | No Comments »

Hoxe, día no que recibiu  o derradeiro Xoán Méndez, home emprendedor, algo da familia de meu tamén, sogro dun amigo e pai dunha maiga, non teño ánimo senón para deixar este ramalliño de cousas bonitas:

de Iara Melo

non perdan estas preciosidades da biblioteca virtual cá estamos nós

Chuzame! chúzame -

tipoloxía de entrevistas na radio galega

Posted: sábado, febreiro 23rd, 2008 @ 6:51 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Non cómpre fixarse moito para recoñecer esta tipoloxía de entrevistas na Radio Galega.

1) As entrevistas cómplice. Hai moito colegueo nelas, o entrevistador esfórzase por que se note. Ás veces mesmo parece que foran veciños de toda a vida. Suxírse máis que se pregunta. O coñecemento do entrevistador detende en detalles nimios, particularidades, para que nós poidamos demostrar o que agora estamos dicindo, aínda que o nome do entrevistado non vaia máis alá da serie z . Case sempre se fan a xentes de fóra (suponse que por interse xeral) da cultura galega, poucas veces a alguén de nós. Para os que son de nós, para eses xa están os puntos dous e tres.

2)Entevista fría. Trata de aparentar profesionalidade. Xa non hai suxerencia, porque para iso é necesario un fondo cultural común, do que decote carece o entrevistador. É por saír do paso, porque hai que facela. As pregunta adoitan ser tópicas, agradábeis e estrañadas. Estrañadas, si, porque se parte do presuposto  de que esas cousas están moi ben, pero non son normais na nosa cultura, iso déixase ben claro. As de tipo musical dexan isto ben claro. Acábase creando un ambiente, trnasmítese un ambiente, unha atmosfera de profesionalidade, de frialdade que mesmo remata por incomodar ao entrevistador pois, á minima, ponlle fin.

3) As entrevistas hostís. Xa deixei exempla varia días atrás.  Supoñen unha táctica de desvalorización da cultura galega. Ás veces porque  o entrevistado non cae  simpático ao entrevistador, pero tamén por ignorancia do entrevistador. Non hai liña fronteiriza clara coa anterior, se non é pola consececuencias devaluadora.

E ti, atopas algún outro tipo non contemplado aquí? 

Chuzame! chúzame -

os fíos do titiriteiro

Posted: venres, febreiro 22nd, 2008 @ 4:05 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

Lectura rematada. Teño que buscarlle título ao que escriba sobre esta modesta edición dun título realmente interesante. Lectura intensa, mio intensa.

Léndoo  lembrei a Curros, a Balzac (realmente, Gayoso é un anti-Balzac ecribindo, pero pretende o mesmo, quizá tire o título de aí), Inma López Silva e as súas Concubinas, a Pirandello...

O título tamén o podo tirar do uso dunha das anovacións máis significativas no eido da figuración literaria: o esquezo inmediato, que foi o que me levou deica as Concubinas.

Dicir tamén que mellora na segunda metade.

Chuzame! chúzame -

fenómeno Sangil

Posted: venres, febreiro 22nd, 2008 @ 12:42 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Á Sangil non se lle chista, ela pode dicir o que sexa que non vai ser perseguida e posta na piola.

Vexan, vexan isto 

E que digan que hai liberdade!!!!!!!!

Iso chámase hipocresía!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Chuzame! chúzame -

inundacións ecuador

Posted: xoves, febreiro 21st, 2008 @ 3:35 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Por queeeeé ningueeeén fala das inundacións en Ecuador?

Será que os pobres non teñen dereito nin a existir?

Chuzame! chúzame -

os fíos do titiriteiro, segunda xornada de lectura

Posted: xoves, febreiro 21st, 2008 @ 1:54 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

Vaia por diante que non me equivoquei. Quen procure escrita intensa que implique lectura intensa, este de Xosé M. Gayoso é o seu título. Procure, antes, iso si, lapis ou bolígrafo e papel, porque resulta imprescindíbel que a lectura sexa anotada. Por certo, cando faga unha lectura anotada, sexa consciente de que está voste elbaorando un novo discurso, un discurso paralelo ao que está lendo, escriba con calma e boa letra, agradecerao. Confronte ese discurso seu co do escritor. Adiántolles, cando se trata de poesía, sorprenderanse da calidade do seu propio discurso. Adiántolles, cando se trate de prosa, permitiralles descubrir que é o realmente trascendente do cómo e do qué están lendo.

Fáltame un terzo, para rematar Os fíos do titiriteiro. Podo, xa emitir ópinións que se fundamente algo máis que no horizonte de expectativas. Por exemplo, xa comprobei a evolución da estratexia narrativa. Non sei se hai tal, pensareino, O que si está claro é que aposta pola mesma fórmula. Desde un clima semellante, con personaxes equiparábeis en moitos casos. E imaxino que vai chegar a conclusiósn parecidas.

Outra cousa, se Os fíos do titiriteiro  levara, como nome do autor, o dalgún dos máis coñecidos (tanto ten que sexa da literatura galega ou doutra) seguro que alguén habería que falara de xenialidade e cousas polo estilo. E, algo diso, non o nego, haino.

Chuzame! chúzame -

outra entrevista hostil

Posted: xoves, febreiro 21st, 2008 @ 1:35 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Hoxe, pola mañá, na Radio Galega.

-Hai unha cita de Rosalía de Castro ("Toda a terra é dos homes") aínda que seguramente vostede non a coñeza...

-

Tamén hai outra, neste caso latina, que seguramente si coñecerá: "Homo homis lupus"

Rebéntame esta falta de tacto coa cultura propia. Falaban cunha señora arxentina emigrada nos EEUU, vale. Pero esa non é razón para partir dunha minusvalorización do propio, actitude, prexuízo, que se desprende da estratexia comunicativa (pensada, non involuntaria) empregada pola entrevistadora (Vitoria Rodríguez, creo).

Hoxe, pola mañá, escoitei isto. Imaxinemos que o escoitara o meu fillo, a quen pola noite a tvg "ofrece-condena" ao visionado de AIR GALICIA, onde ocntinuamente se ridiculiza iso que podemos chamar "esencia do ser galego" baixo o pretresto de que é un san exercicio rirse dun mesmo.

Miñas donas, meus señores. A única política realmente seria é a que combate estes despropósitos  

Chuzame! chúzame -

entrevista hostil, outro exemplo

Posted: mércores, febreiro 20th, 2008 @ 7:00 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

O Tren da tarde.

Entrevista, pílloa xa un chisco empezada, creo que é con Frutos Fernández .

Vaia por diante que sempre se alegra un de que a cultura galega saia á luz.

Pero non desde o prexuízo.

- Como se entende que un profesor de física se adique á topinimia?; debería vostede ser profesor de galego.

Se non é literal pouco lle falta.

Seguro que non teño que explicitar  a vergoña, o desprezo, que detrás do prexuízo se agacha ( e ao mellor non o dicía  por mal, o cal aínda é peor) , coma se só os profesores de galego se interesaran por manifestacións culturais galegas (que teñan que ver coa lingua ou arredores), coma se non fose normal que desde calquera prefesión se interesara un polo galego.

E díxoo a boca chea. 

Chuzame! chúzame -

un pouco de creación

Posted: mércores, febreiro 20th, 2008 @ 1:00 pm in LITERATURA MÍNIMA | No Comments »

o muiñeiro do tempo escribe uns ultralixeiros macanudos, a min picoume o enxeño

entón lembrei que

unha das pasaxes menos coñecidas na biografía de J.S.Bach son as estadías, breves, é certo, e esporádicas, na granxa valona de M. Stell. Cóntase que, na derradeira estadía que alí pasou, ademais de inspirado, se sentía posuído dun arroubo picoso e entremetido, estando no galiñeiro deulle por admirar a perfección daquelas formas abrancuzadas e deule por matinar que non ía atopar mellor partitura que casca dasquel ovo chocado. Agarimouno na man e marchou con el ao seu cuarto, botou man dun vello acordeón, no cal percutía as noites o defunto marido da propietaria, e soltou os dedos, que comezaron un engaiolente concerto de vontades libres cifradas en música. De súpeto, calouno, arombouno a un lado, e púxose a escribir na casca do ovo, imaxindo que o estivera alí dentro por forza tería que ter sentido o o poder  e perfección da súa música. Abríuselle un sorriso nervioso en tanto botaba conta de que quizá o pitiño, ao saír, podía xa vir adestrado e , aínda que rudamente, asubiar aquel ritmo que viña de crear. Mesmo lle pareceu sentir pancadiñas na casca, que semellaban a intención de nacer. Pero nunca naceu nada. Eran ecos dun suicidio. 

xmeyre 2008

Chuzame! chúzame -