o reino dos contos
Incorporei hoxe a ligazón. Se lles prestan os contos, velaí, téñana en conta.
Ah, os contos están indicados para determinadas idades. Pero un conto bonito gústalle a calquera.
chúzame - Incorporei hoxe a ligazón. Se lles prestan os contos, velaí, téñana en conta.
Ah, os contos están indicados para determinadas idades. Pero un conto bonito gústalle a calquera.
chúzame - Aviso. Estou rematándoo xa. A segunda parte, "Tebas: (continuación)", non puiden anotala, querse dicir que non puiden subliñala. Lembro a identificación (sempre parcial,non é posíbel unha identificación total) da voz poética con Jeckyll; o retorno a paraxes familiarizadas (Ourense, Muros); o sentimento de desdobramento, outra vez Ourense e o retorno; lembro, aseguraría que literalemente "o relato é autobiográfico na media en que as palabras que o compoñen son biografía". Dá moito que pensar. Na non existencia de lembranzas únicas, particulares. Na lingua como biografía. Está na páxina 41.
A terceira parte "Os paxaros queriámolos ser e non nos gustan os prismáticos", parece agoirar certa virazón temática. Dáme a impresión de que isto xa pasou, xa lle pasou noutro poemario. Teño que comprobalo. De momento, voume a atrever a deixar unha definición da poesía-poética de Chus Pato:
poema-palabra-símbolo clandestino
unha poción amarga e sublime de limiar
un fin
chamémoslle primavera
chúzame - Hai tantas cousas bonitas aí fóra. Os parados, as figueiras, flores, os regatos, os teus ollos, os camiños, os xelados de chiculate, ancheáronche un chisco demais as cadeiras mais esas medias séntanche tanben... Hai tantas palabras bonitas aí fóra... E hai máis sedes que augas, un burato negro que te extirpa desde dentro...E labios-lacre...Hai a soidade tamén, os berros que traga o burato negro, os berros que non poden oirse...
O neno que non ten paradura levaba entre as mans o carro do Lidl. Que fai o neno que non ten paradura no Lidl? Non sabe. Pero está. Apareceu, el alí, e o carro entre as mans. Non mercou nada. No fondo do carro, Líder, semanario para el ahorro, nº 41. Botoulle a man. Esqueceu, si, esqueceu recuperar a moeda ao devolver o carro.
A seguinte imaxe está cruzada dun vento atolado, e frío. O neno que non ten paradura, dificilemente pode manter aberto o panfleto. Porén persiste, vai pasando follas. Publicidade. Padre Mundina. Publicidade. Decoración, xardín, primavera, semanasanta, bebidas enerxéticas, deporte, saúde, beleza, reportaxe sobre Valadolide, receitas de cociña...PARA. Noticias locais. Nas noticias locais, toda a sáude, toda a beleza, todoo deporte necesario, a saúde imprscindíbel, nada decora mellor, non hai mellor primavera. Universitarios británicos estudian gallego para conocer cultura "cercana". Son cerca de vinte. Universidade de Bangor, Gales motivados por conocer una cultura "cercana" y con el fin de "facilitar" futuros intercambios con el extranjero. Copio tal cal.
E seguirán os necios, os cínicos, negando a relevancia económica de posuírmos unha lingua propia (propia, non enxertada)
Ah, pepetes e galiciasbiligues, promotores do atraso... navallas na túa gorxa.
chúzame -