por que eta sempre gaña?
xornada de reflexión
quen tiña que reflexionar son eles, os candidatos
día seguite recluírse, acción de grazas, por tan xeneroso apoio á icompetencia
señor Raxoi, señor Zapatero, vai por vostedes
eta sempre gaña, sempre; porque vostedes queren, gaña
en Euskadi hai un problema político, eta decidiu coller as armas para solucionalo, e mata
en Euskadi hai un problema político, de verdade cre que o vai solucionar a intervención policial?, de verdade, señor Raxoi?, como os USA con Ben Laden?
en Euskadi hai un problema político. os problemas políticos discútense, fálanse, con convicción, señor Zapatero. un problema político non se arranxa desde a inflexibilidade, desde a rixidez e a dulpa moral. tampouco con pistolas. hai que saber ceder. un problema político só fica arranxado se as dúas pates ceden e chegan a entendemento. (arranxado tampouco é sinónimo de resolto definitivamente).
en Euskadi, señores, non nolo fagan pagar aos demais, non nos utilicen aos demais para a definitiva (re)conquista.
non se resolve ese problema coutando o voto abterzale, inflámase, señores Raxoi e Zapatero. non se resolve o problema prohibindo determinados partidos. actúan vostedes como nos tempos de Franco. como nos tempos de Franco e o máis curioso (curioso?) é que a falange non está prohibida, o máis curioso é que os neofascistas...que fixeron vostedes contra o neofascismo?, porque eles si poden falar, dicir abertamente que pretenden esquecer todo o gañado, a pulso, dede o 1976, que non é moito, pero é o que temos.
así, eta sempre gaña.
este día é para que reflexionen vostedes.
esta noite é para que poñan a clareo a conciencia.
(compartimos moitos/as esta cavilación)
chuzame - Non hai comentarios »
Ainda non hai comentarios.
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Os saltos de liña e parágrafos son automáticos, os enderezos de correo electrónico nunca se publican, as etiquetas HTML permitidas son: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>