farsa, política, camaradaxe
foron votar?
contribúan á farsa.
non puideron nin poderán votar calquera opción que quixera presentarse, porque hai voces prohibidas.
tampouco poderán votar calquera opción, das que si poden presentarse, en calquera lugar do estado no que se atopen.
nin sequera as coñecen todas.
porque o sistema non o garante.
Franco non nos impuxo só un rei, impedindo a restauración lóxica da lexítima República, golpe directo para a súa liquidación.
a democracia que agora temos non é libre, está atada, amordazada, non é plural senón condicionada de cara ao establecemento do bipartidismo estatal.
xa sei, non descubro nada novo, non aspiro.
volvemos á farsa, xénero teatral...........no teatro, saben?, nas escolas de interpretación, unha das primeiras cousas que se ensinan é que o/a actuante debe familiarizarse perfectamente co espazo no que se vai desenvolver, mesmo coñecelo cos ollos pechados.
pois, así, votadando, que é xerundio, cos ollos abertos, ben abertos
querendo ser protagonistas sen pistola mais coa razón e a memoria
protagonistas e non espectadores de galiñeiro que pagan en cómodos prazos, 48 meses como máximo
o mercadeo das súas esperanzas e frustracións
lembren que a farsa non é o único xénero teatral, que votedes actúan, que só no arume epopeico ardemos todos, que as liñas épicas non son lembranzas de tempos remotos.
sínatanse camaradas.
miren de esguello.
chúzame -