ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for marzo 12th, 2008

máis paranoia na radio galega

Posted: mércores, marzo 12th, 2008 @ 8:55 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

galicia bilingue denuncia que a Mesa pola Normalización Lingüística denuncia os centros onde non se está a cumprir a Lei de Normalización Lingüística.

tope subrealismo. Moito máis.

Noiticia escoitada nun boletín informativo da Radio Galega. Vamos, que director de informativos (el é o responsábel mediato) estima que é unha noticia de interese xeral. Interese xeral? Dos inimigos do galego, exclusivamente.

Interese xeral? procura gb o interese de todos os galegos? NON, todos o sabemos, só o dos que NON QUEREN APRENDER GALEGO. coma se eu non quero apender matemáticas, monto unha asociación, recollo asinaturas e xa está.

a noticia dáa un medio que existe porque existe a lingua galega ( que algúns aínda a defendemos). máis paranoia aínda.

a  crtvg (e particularmente a tvg) está a nos conducir a niveis de indignación dificilmente sostibles. é urxente unha remuda da estrutura e composición dos cargos dirixentes. xa

Chuzame! chúzame -

fundación cela, compra de vontades, catelanización de galiza

Posted: mércores, marzo 12th, 2008 @ 4:04 pm in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

É o escándalo do momento.

E vaia escandalazo.

200.000 euros vai recibir a fundación cela, da consellería de educación. terá nome de fundación e apelido de nobel. terá.

esixo, porque teño dereito, porque eses cartos son públicos, son meus tamén

esixo que á fundación rosalía de castro non se lle dea NIN UN EURO  MENOS, e aínda así son inxusto, sentimentalmente inxusto.

con esta argallada non se pretende difundir a cultura, así en abstracto. mentira. a cultura en abstracto non existe. remito ao último poemario de Chus Pato. esta argallada o que preternde é espallar a cultura en castelán, así de claro, así de duro. tendo en conta quen foi para galiza rosalía de castro e quen foi cela, tendo enconta o que fixeron unha  e outro por galiza, isto é unha auténtica perversión.

200.000 euros para loitar contra o galego, para relegalo. porque a que se dedica a fundación cela -por outra banda sospeitosa de multiples irregularidades- é a compra de vontades. as dos escritores e pensadores chamados a pasar por ela, a ver se así calan a boquiña, a inmensidade da figura de cela deíxache estes cartiños, mira ti e se se cadra para o ano volves.

comprar vontades e perpetuar a relegación da cultura galega. eses cartos tamén van para manter actos propagandísticos cos escolares galegos. propagandísticos. non vou dicir outra cousa. ás veces de moi dubidosa altura pero iso dá igual, o que importa é que os rapaces senten naquela fundación inmensa e comparen coa diemensión recollida e familiar da casa de rosalía. que o nome de padrón xa non estea indisolubelmente vencellado a rosalía.

fundación cela, para a cal o galego é un estorbo que hai que aturar de momento, así me sentín cando estiven alí.

cantos cartos lle vai dar, Laura Sánchez Piñón, á fundación rosalía, á fundación castelao, á mesa pola normalización lingüística, ao centro ramón piñeiro, ao consello da cultura galega, á real academia galega... (engadan máis, por favor).

había que ir facendo esas sumas.

pasar de levar os alumnos alí. e, se se levan, a nós leváronnos e pagáronnos a viaxe, facer fincapé na importancia de rosalía e no uso verdadeiro que ten a fundación cela, contarlles toda a verdade.

reivindico, desde aquí, o mesmo trato como mínimo, para as fundacións (e non só) galegas.

reivindico inundar o correo da conselleira con peticións da mesma índole.

reivindico que se mollen todos aqueles que están a prol da cultura galega, que non calen.

Chuzame! chúzame -

o libro e a imaxe do bng

Posted: mércores, marzo 12th, 2008 @ 1:04 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Comentaba onte a necesidade de que o BNG singularice o seu discurso e a súa imaxe, que hoxe por hoxe non se desemella moito da do PSOE.

Hai unha cousa, unha estratexia, que os desmarcaría con moita efectividade, que non os deixaría pasar desapercibidos e que potenciaría a súa imaxe intelectual, co plus de repecto co cal a sociedade lles había agasallar, respecto e proximidade, porque finalmente rendundaría tamén.

Consiste nalgo tan simple como levar sempre un libro na man, ou telo enriba da mesa nas conferencias e roldas de prensa etcé etecé.

(outra cousiña, quen lles fai as fotos para a propaganda estática, o enemigo?; sempre son os peor favorecidos e non porque sexan menos guapos, que ás veces aínda son máis)

(outra cousiña, relaccionada coa propaganda estática, outra vez. na miña opinión PP e PSOE son failmente identificábeis a longa distancia, as do BNG bastante menos)

Logo, no de singularizar os contidos, iso xa lles é cousa de ideoloxía, de praxe ideolóxica, de transmitir a diferencia no tratamento dos temas do país. Isto é aínda máis urxente que o outro.

Chuzame! chúzame -