rinocerontes e quimeras
levo lidos os catro primeiros capítulos.
semella con bastante clareza que o autor segue o, chamémoslle, "modelo inglés". a escrita é directa, o narrador atende á acción que conta e non se mete en máis complicacións. os dous primeiros capítulos deixan entrever un fondo teatral tamén ben claro, o segundo como un monólogo. resulta obvio, pois situa a historia no XIX estadounidense, cando as atraccións de feira empezan a decaer na popularidade.
semella que un dos aspectos máis coidados vai ser a secuenciación, se cadra é por iso, á vez que polo dito do narrador. en canto a historia se complique un chisco máis, este efecto tenderá a desaparecer. só acabamos de abrir a lata.
entretén, é efectiva nese aspecto. o que ma fai sentir culpábel de non dar seguido lendo. pero levo dúas noites durmindo mal e dóenme os ollos. de todos xeitos non renuncio a, no que resta de semana, rematar o Rinocerontes e quimeras e reler o Dicionario do estremecemento.
subliñei:
Nenopinguín, nenassiamesas, nenapaxaro, nenolifante e nenaxirafa son os seus alcumes. Perderon os nomes hai anos. (9-10)
¿Ti cres que algún de vós terá algunha posibilidade aí fóra? (13)
.........................................
é da mesma cor ca a borralla (20, o destaque é meu)
........................................
"Se son eu o heroe da miña propia vida ou se outro calquera me substituirá, haberano dicir estas páxinas" . cita do David Copperfield que aparece na páxina 31.
......................................
Se cadra lle interesa ao meu editor. (33, o destaque é meu)
chúzame -