ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

millobre pinto e a substitución lingüística

Filed under: LINGUA — 29 Marzo 2008 @ 10:29 p.m.

Ouvindo falar n´unha das nosas cidades, a un fato de rapaces vilegos, agardei inutilmente que algún d´eles dixera algo en que poiderase ver unha arela, un ideal, algo que fora diferente d´aquela interminabre frivolidade da sua conversa. Mais o que produxome verdadeira pena, foi o ver que cando eu quixen tratar uns temas galegos, todos eles ficaron silandeiros, c´un silenzo no que vin que aquelo a eles non lles interesaba… Eu entón tamén calei e n´un momento comprendín a verdadeira tristeza do desterrado, que non é o saír da terra, senón o non poder sentirse paisano de xentes que nasceran no mesmo chan.

Millobre Pinto escribía así, A Nosa Terra, nº 253, 1 de Outubro de 1928, tal cal.

Pero parece de hoxe ou de pasadomañá.

Dúas cousas a comentar do texto de Millobre Pinto, irmáns.

Primeira: vós non caledes, os que se teñen que sentir fóra de lugar son eles, eles son os extraterrestres.

Dúas: o seu silenzo non só obedece a intereses temático-xeracionais, como pode semellar. Sobre todo obedece á incapacidade de poñerse no lugar do galegofalente, de adoptar ou achegarse ao seu modo de ver e entender o mundo. Velaí o meirande crime da substitución lingüística. Sempre pasa. Ninguén se libra. Non hai máis que ver o que lles pasou aos países descolonizados que perderon a que era a súa lingua propia. Séculos se, tarda en espertar fóra da lingua propia. Séculos perdidos que son cartos perdidos, e benestar, e felicidade, harmonía…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.