que relación hai entre o psoe e a industria farmacéutica?
esa é a pregunta que rebole pola miña cabeza.
na tarde, sorpresivamente, recibín chamada telefónica de Sulema. a desesperción das súas palabras fixéronme mesmo marchar do Sangoñedo, deixar o fútbol ás présas e acender o automóbil porque a urxencia así o requería.
o drama, a traxedia de Sulema era que quedara sen un medicamento que precisa tomar todos os días. Neosidantoína. resulta que fora á farmacia coa receita en orde e alí lle dixeron que xa non se vendía, que xa non se fabricaba. seica estaba en Ourense.
pedíame axuda para que fora polas farmacias de garda do sur de Lugo a ver se nalgunha delas aínda tiñan.
xa o ano pasado, por estas datas tamén, lle pasara o mesmo, nesa ocasión co Mysoline ( en internet atopei que seica xa se volve vender), do que tivera que prescindir polas bravas, afortunadamente sen consecuencias, mais aínda lle dura o susto que levou.
o resultado foi infructuoso.
inquédanme estas preguntas:
pode a industria farmacéutica deixar de fabricar fármacos sen, polo menos, avisar aos enfermos crónicos para que acudan ao médico e lles prescriba substituto?
se é certo que xa se volve vender o Mysoline ( ou como se escriba), porque se retirou do mercado hai un ano?
será certo que, como por estas datas seica van baixar os prezos (UF, algo que baixa) dos medicamentos, as fábricas retiran os stocks antes de gañar menos?
dunha maneira ou doutra hai cartos polo medio, di Sulema que isto sempre lle pasou gobernado o psoe, que relación hai entre o psoe e a industria farmacéutica?
chúzame - No Comments »
No comments yet.
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>