ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

premios nacionais e crítica

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 31 Marzo 2008 @ 2:49 p.m.

Arquitectura e Espazos Públicos, Artes Visuais, Artes Escénicas, Literatura, Música, Patrimonio Cultural, Pensamento e Cultura Científica, Cine e Audiovisual, Iniciativa Cultural e Cultura Tradicional e de Base.

Celébrase a chegada, mellor tarde que nunca. Foi moita a demora.

Non é que queira discutir ningunha das categorías. En  principio, de priemiras, só cabe expresar gozo. Porén non entendo moi ben como as Artes Visuais e as Artes Escénicas non están integardas, a menos que se entenda Artes Virtuais (nin sequera serve Artes Audiovisuais) para referirnos ao cinema, a todo o que se vexa nunha pantalla. Ah, pero se xa había a categoría de Cine e Audiovisual. Ah, pero o teatro ou a danza non son audiovisuais? Integrará a Pintura e Fotografía, Artes Plásticas, vamos…Ah, pero o teatro, ou o cinema non son Arte Plásticas?

Tampouco creo que Pensamento e Cultura Ciéntífica casen moi ben, porque o obxecto xe estudo e método son moi diferentes, pedir que se  escolla entre un e outro é duro, difcícil e inxusto.

Fóra diso, que ten a súa importancia tamén, o que máis me preocupa é a ausencia da crítica especialiazada. Polo que sei, Cultura ten previsto mesmo que as ascociacións culturais teñan protagonismo. Xusto, moi xusto e loábel. Porén, a estas alturas non teño constancia de que crítica especializada vaia contar para nada. Non está entre as categorías seleccionadas, non van ser premiados (A crítica literaria, en concreto, só foi premiada unha vez, por Xerais). E tampouco sei se vai ser tida en conta a súa voz nas decisións que concedan os galardóns.

Preocupante, moi preocupante. Teremos que volver a voltas coa improvisación máis unha vez?

Polo menos, nos Premios Nacionais  ( os que dá Madrid), falo dos de Literatura, non é que se escoite a voz dos críticos senón que é a voz decisoria protagonista. Logramos que se nos escoitara.

Vamos, xa sería incríbel, demencial que aquí pasaran de nós. Na Sección de Crítica da AELGA non temos constancia do contrario.

 E, de momento é o que hai….

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.