ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Obxectos antigos de orixe ignorada

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA — 2008-03-31 @ 8.32 pm

comezo hoxe a ler esta novela do finado Antón Risco.

son moitos os textos de Antón Risco que fican aínda inéditos.

por unha banda é unha mágoa, porque non se trata de versións definitivas e iso nótase.

mais por outra é unha inmensa sorte. Risco, sobre todo, gustaba de experimentar coas estratexias discursivas. abres cada título seu coa emoción de atopar algo diferente e non te equivocas. por iso escollín este título, que recén recibín. no panorama da novela galega fago moito de menos aquel carácter experimental que durou deica inicios dos 90 e esmoreceu despois.

curiosamente a estética desta novela non é nada novo, mais parecerao. aínda que non deixo de recoñecer os esforzos, o certo é que a novela de inicios do século XXI é menos anovadora que a que rematou o XX, formalmente máis predicíbel. cando menos polo momento.

Chuzame! chúzame -

No Comments »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)


*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word