en esquema, as Minimaladas
-pon en valor a imaxinación.
-constitúe amábel indagación sobre o verdadeiro valor das cousas.
-transgresión das normas non traumática, como corresponde a un libro para cativos.
-moi apropiado para a oralidade, as minimaladas case demandan a berros a dimensión oral. atención, pais que xa non sabedes que conto contarlles hoxe aos nenos.
-o clima simbiótico logrado é moi alto, a unidade do conxunto está perfectamente lograda.
-isto non impide tocar temas serios, todas as minimaladas agachan algún, que é tratado dentro das coordenadas simbióticas establecidas entre os protagonistas animais, o lector, a sensibilidade do autor e a necesidade de transgresión, que comeza pola extensión, pola dimensión.
-a (des)naturalización, a (des)/(cons)trucción da lóxica, eixos desde os que proxectar unha lectura adulta,q que resulta ben amena.
-lembra, lector, que todo pode pasar, a única fronteira está nas restriccións ás que ti lles permitas seren operativas.
-tamén lin as Minimaladas como protesta, os libros éditos en coleccions para cativos necesitan tamén lectores adultos, o contrario sería como esquecer o sabor do chocolate ao medarmos, a préstame moito.
-tamén lin as Minimaladas porque che actualizan os anos da nenez, que son teus e deixaches pechados na gaveta do tempo.
-e por máis razóns, tamén porque teño que ir buscar o futuro para deixarlle o libro, con oito aniños quere saber todo o que leo.
-e ti, lembra que eu, que as lin, xa sei algo que ti non, que vivín algo que ti non, que gocei algo que ti non...a que agardas?
-posibelmente miña próxima lectura sexa esta, teño oído falar moi ben dela.
chúzame -