ferradura en tránsito

Non tes paradura, neno

Archive for abril, 2008

máis improvisación

Posted: mércores, abril 30th, 2008 @ 9:45 am in CARA ADIANTE | 2 Comments »

Informamos de que se está a organizar para o mércores 25 de xuño, en Santiago de Compostela (EGAP), unha actividade de formación do profesorado destinada ás persoas  que están a coordinar o funcionamento dos clubs de lectura que recibiron apoio, por parte desta consellería, para a súa actividade ao longo do
presente curso
...

Entroume no correo onte. Extracto.

Non vos riades que o conto é triste; Castelao, dixit.

E dígnanse informar cun  mes de antelación?,  no mes e maio (por riba)?

É isto serio?

É que non hai maneira de facer as cousas cun chisco de seriedade?

Máis que unha actividade útil para formación de docentes que levan clubs de lectura, o que parece é que hai que gastar cartos como sexa  ( e poralgo será)

E se non vas? Aparentemente, nada; pero vai, porque como non vaias...

Era no Plambe. Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.

-E logo ti por aquí?

-Xa ves, tamén son responsable dunha biblioteca.

-Pois eu estiven nun tris de non vir. 

- Si; amolar, amola; pero como non veñas tampouco che renovan o subsidio...

-(menos mal que viñen)

O interlocutor sorprendido : eu.

ACTUALIZACIÓN, UNHAS HORAS DESPOIS

Teñen razón, nos comentarios

Gema, que di que é moi importante que haxa clubs de lectura nos centros. E claro. O que eu critico non é iso, que  por algo levo un

Cazolo, amigo, co atúa oportuna e atenta lectura fixéchesme caer da burra obcecada. Porén, que sexa en xuño non modifica para nada a miña crítica. Ao revés, poténciaa. Mira que non andamos todos ocupadiños dándolle  ao remate de curso, como para andar de "excursionciñas". Xa nin quero seguir pensando, que o cabreo me saca das pólas...

Chuzame! chuzame -

O frío azul, primeira xornada de lectura

Posted: martes, abril 29th, 2008 @ 7:53 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

Foi breve esta xornada, que aínda non rematou, mais por agora só podo falar dos dous primeiros capítulos. Continuarei lendo esta noite. Con todo hai algunhas cousas que xa podo comentar.

Por exemplo, que as personaxes son rexas, teñen personalidades fortes. Os diálogos en que se manifestan son intensos. O lector sempre agradece isto, méteno moi ben na historia.

Por algún lado lin que Ramón Caride dixo que non quixo facer unha novela histórica. Ben, transcorre, polo que lin, no século XVI. É breve, 166 páxinas. Mais polo que atinxe ao rigor estilístico, ao coidado léxico e morfosintáctico...teño claro que Ramón Caride é un home modesto, é dicir, que non é dos que van pola vida coa bugina do autobombo a todo volume...

Subliñados:

Din, algúns, que Oseira vén de óso; e, coma un óso da terra, macizo e teso, pelado e irto, penedo espido, érguese ante o viaxeiro o mosteiro vello. (13)

.........................................

O viaxeiro vén de moi lonxe. Non o acarrexa ao solar dos frades a devoción nin a piedade, antes tróuxoo o espanto (13)

...................................

El é home de espazos abertos, de aire, lume e sangue visto, ferros e cans ao sol das devesas, paisaxe perdida; e non loitador desta paisaxe estraña: a pedra labrada, o mofo, este balor de humidade e séculos que se mete nos ósos e nos miolos (22)

...................................................

Todo revive, reverdece, coma un perpetuo pesadelo, Sísifo condenado a arrastar a pedra colosal do crime, repetido na imaxinación canto na memoria (23)

...............................................

... avisan a Egas de que está no cubil dunha rapina, na gorida dunha besta rexa e afouta. Alguén que podería ser un santo de pedra ou un demo (27)

................................................

Havos doer. Escollestes saber, e saberedes (28)

...............................................

Contarei tan cruamente como pedides, tan despiadadamente como merecedes (29)

Chuzame! chuzame -

impotencia e roubo

Posted: martes, abril 29th, 2008 @ 10:51 am in LINGUA | No Comments »

Nin sequera sendo símbolo de opresión, como é e sufro, son capaz de odiar o castelán. Non podo, non con ningunha lingua. Por respecto, por respecto e cariño. Por respecto a todos aqueles que foron quen de crear un instrumento de comunicación tan complexo, tan precioso. Porque cando leo/escoito en calquera outra lingua diferente do galego, síntome cerca de calquera dos heroes anónimos que contribuíron a crear, medrar e manter esa xoia que catro politicastros queren facer xoguete. Esa comuñón intercultural é a expresión máis sublime a que pode aspirar o ser humano. Nada reconforta como ela. Nada te fai sentir, como ela, parte do universo. Na súa dimensión falada, inmaterial e única, ou na escrita, material e eterna.

Por iso non dou entendido a quen odia o galego (a quen odia calquera lingua). Por iso non dou entendido a quen evita que os seus fillos aprendan unha lingua que teñen aí, no ar, de primeira man, e que por iba os axudará a entenderse a si mesmos (sincrónica e diacronicamente) mellor que ningunha outra cousa. Non. Non dou entendido un odio tan idiota, unha pobreza tan maiúscula e vergoñenta. É un roubo.

Recollo isto, que xa subín días atrás. Non é anónimo pero teño que tratalo como se fora.

En realidade sempre lin e falei castelán, xa que cústame moitísimo máis entender e falalo galego con corrección, ademáis da inmensa cantidade de vocabulario que ten. Eu case nunca escoitara galego ata o instituto, só o galego primitivo e castrapeiro da miña avoa e de vez en cando ao meu pai que sempre o fala cos seus amigos e nunca conmigo por moito que eu llo pidera. Sen embargo a poesía en galego foi algo que me cautivou desde moi meniña cando me ragalaron poesía galega aos sete anos, un libro no que habían recopilado composicións sencillas e intelixibles para unha pequena. Desde este momento comecei, coa miña pobreza expresiva en galego, a escribir poesía, cómics , historias, un xornal que facía eu soa para os meus parentes con contidos humorísticos, pero sobre todo escribía poesía. Unha poesía que fun enriquecendo na eso cos contidos poéticos nas unidades de literatura, que eu ía succionando e gardando para min mesma ata o día de hoxe.

(ROUBOOOOOOOOOOOOOOOOOOO)

Chuzame! chuzame -

O frío azul

Posted: luns, abril 28th, 2008 @ 8:35 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

Teño pensado comezar hoxe a lectura desta novela breve de Ramón Caride Ogando.

Comenteillo a Sulema, así como tamén que xa o fora petiscando, mais que na recente remodelación da miña biblioteca, tiña a impresión de telo traspapelado.

-Os libros nunca se perden.

Exemplifiqueille as miñas dúbidas. Sempre ando cun libro na man. Mesmo en viaxes de pracer ou calquera compromiso, o libro que estou lendo vai comigo. E non son poucas as veces que me esquecen, nesta cafetaría, naquel comercio, no parque... Nese casos decido non recuperalo, marcho correndo á libraría mercar outro exemplar que me permita continuar a lectura.

-Os libros nunca se perden, faime caso

Por non falar daqueles que presto e nunca me devolven. Ou aqueles que extraviei en calquera recuncho do tempo e xamais dei recuperado...

En fin, calei, esta noite poñereime co Lueiro Rei de 2007,  esta novela breve de Ramón Caride.

Presenta este índice:

I. O viaxeiro

II. Oseira

III. O abade

IV. Toledo

V. Valverde

VI. Xálima

VII. O auto

VIII. Torre de Orcellón

IX. Ildara

X. O cazador

XI. Fin da conversa

XII. Os estadullos

Notas do autor

(Presinto:

- que esixirá un lector activo

- habilidade no tratamento da secuencia; a secuencia, recurso fundamental na narrativa de hoxe

- a memoria vai xogar un papel moi importante)

(rectificarei ou ratificareime?)

(Sulema ten razón. Os libros nunca se perden. Pero ás veces non lle gusta que lla dean. Compréndoa. Así, asegúrase de que non deixarás de pensar nese tema; que non te refiras a el para negalo,velaí a confirmación)

-Empeza a refrescar...

-Como? Como podes dicir que refresca cando sabes que vas empezar un libro? Non sentes a lentura emocionante da nova aventura, íntima, como unha caricia na meixela e nos ollos e na carne?

(Calei)

Chuzame! chuzame -

mata un can, se artista

Posted: luns, abril 28th, 2008 @ 12:06 am in VARIA NATURA | No Comments »

non o digo en brincadeira

esta noticia xa é escandalosa ( vomitiva, aclaro ), lede

aquí está máis claro, máis vomitivo

se vos queda unha cadela de humanidade, asinade

van máis de dous millóns de asinaturas, falta a túa?

Chuzame! chuzame -

Incertos, terceira xornada de lectura

Posted: domingo, abril 27th, 2008 @ 10:59 am in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

É unha hora despois da media noite. Penso:

-quedas co mel nos beizos, é un mel fino, saboroso, devecido

-sei que hai quen non sabe aprezar os contos, porque os de Dobao son contos, e prefire as distancias longas; tamén hai quen pensa que é escritor por xuntar moitas palabras unha detras doutra e mesmoinclusive que teñan sentido ou que quen o le sexa capaz de inducilo daquela restra de palabras que abren novos camiños que non son tan novos simplemente intransitados ou intransitábeis puntos en suspenso-supositorio...

-ah, aqueles tempos dos participios concertados, perdidos...

-de todas as manifestacións narrativas, son as máis breves as que meirande pericia requiren; é como namorar, meirande dificultade hai en namorar (a ela, a el) no breve espazo de tempo da primeira cita.

VALOR DE PRODUCIÓN

Estaba co avó. Escaravellaba nas pedriñas máis lisas, contra o fondo da viña, á sombra dunha cacho cepa de garnacha igual ca unha casa, agachándose da calor debaixo das follas (91)

(...)

Só veu aquela mañá cedo para falar comigo un bocadiño mentres eu non paraba de me lle abrazar ao pescozo. Traía unha voz triste, suaviña, que non parecía del.

-Volvinche, fillo. Mañá empeza a vendima. (102)

O LIBRO QUE NUNCA LIN

Espertei suavemente, e era raro. (103)

(...)

E acabaches por me deixar coa palabra na boca en canto empecei a tentar mudar a ruta do tempo. Agora estarás abrazado a ela, pero nunca máis volverás sentir esa sensación.Cando espertes xa non estará. E non puidemos facer nada por evitalo.

Agora é demasiado tarde, e por fin me vence o sono. (116)

A DERRADEIRA LECCIÓN

Canto tempo andara desde a última vez que tivera ocasión de conversar co profesor Laureano Armesto, pois francamente non o sei. (117)

(...)

Iso foi apenas hai tres días. Hoxe é venres, o día que me mandara reservar para el. Chove como nunca vin chover. Estou triste. Non vin esta tarde a Xiana no enterro de Laureano Armesto. ( 132)

A ENCRUCILLADA

Cando pensas que termina o día, vai e empeza. (133)

(...)

Se botas o ollar para atrás e observas o decorrer da historia, verás que non hai outro protagonista ca os colpasos temporais.(148)

(...)

Todo o que seremos. Nada do que fomos. O colapso temporal (149)

(si, que só ía poñer inicio e remate, xa, porén este...)

Chuzame! chuzame -

queren impoñer o castelán

Posted: sábado, abril 26th, 2008 @ 10:33 am in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

o PP, partido centralista-imperialista, aínda cando a meirande parte dos seus votantes falen galego

o PSOE, partido de centro que nunca soubo ter un proxecto para Galiza e que sempre ollou retorto a quen si o tiña (non son todos, pero si os que están na Chunta, Touriño, Villarino, Romeu...)

armas que usan:

-controlan os medios de comunicación (trasladan á opinión pública a imaxe dunha Galiza virtual, unha Galiza na cal están a amordazados quen queira defender teses identitarias, e a lingua é a principal), que aínda por riba responden a extraccións políticas de extrema dereita na meirande parte dos casos, belixerantes contra calquera síntoma identitario

-controlan a Chunta, paralizan ou esterilizan calquera iniciativa en prol da identidade

-como son uns covardes, escúdanse nos GA-BI (un colectivo certamente sospeitoso, quen o financia?, que leva na boca a mentira e terxiversación máis infame e reiterada), catro gatos rabiosos que odian o galego, que non dar armado un discurso minimamente cohrerente e se aproveitan do medo que a xente ten a que lle ipoñan algo (claro, tantos anos franquiciados...) IMPEDINDO A NORMALIZACIÓN DO GALEGO QUEREN IMPOÑER, eles si , O CASTELÁN

-pero a principal arma é a desmovilización que nas dúas décadas pasadas se promoveu desde o PP-Chunta, creando, mantendo e fomentando un estado de opinión segundo o cal era unha tontería preocuprse desas cousas. iso leva mesmo a que partidos políticos como o BNG se amosen moi mornos no que teña que ver coa lingua. coma se lles queimara as mans. pois quen non se molla non pilla troitas

REPÍTOME  MOITO?

tanto como o estado de desamparo LEGAL CONSENTIDO?

XOGÁMONOS MOITO

E IMOS TER QUE SER NÓS QUEN POÑA A POTA A FERVER

a campaña da UVIGO que aquí teño comentado é outra proba de como a Chunta touriñana está paralizada (e eles tan contentos) e como o BNG anda nas verzas, de que non saben/queren petar enriba da mesa :  MIRADE QUE SEN NÓS NON HAI MÁIS POLTRONA

e ou empezan a facelo ou a  xente dará en pensar que o BNG é prescindíbel

REPÍTOME MOITO?

XOGÁMONOS O FUTURO

NA MANIFESTACIÓN DO MES QUE VÉN NON PODE FALTAR NINGUÉN.

Chuzame! chuzame -

25 de abril, día da utopía

Posted: venres, abril 25th, 2008 @ 12:51 am in CARA ADIANTE | 1 Comment »

Que um dia rirá melhor quem rirá por fim
Na curva da estrada à covas feitas no chão
E em todas florirão rosas de uma nação        (A morte saiu á rua)

Eu lá na serra nao sou ninguém
Se fores prà guerra eu irei também               (Altos Castelos)

As àguas do rio sao de correr
Cada vez mais perto sem parar
Sou como o morcego vejo sem ver
Sou como o sossego sei esperar                  (Cançao da Paciência)

Matar-te a sede uma vez
Nao penses nisso se és homem
Faz o mesmo que este fez
A regra é dente por dente
Ninguém atende à excepçao
Só os loucos nao aprendem
Desta verdade a razao                      (Canta o Juiz)

Nao há luz que nao se veja               (Eu Vou Ser Como a Toupeira)

Lá vêm os nossos soldados
Esses, sim, sabemos quem sao
Os nossos filhos, os nossos irmaos       (Lá vêm os nossos soldados

Vamos, coragem, chegou o momento
De preparar os nossos argumentos
Nao tenhamos medo
Sao nossos amigos                                  (Lá vêm os nossos soldados)

Lá vêm subindo o abismo
Da sombra donde vieram
Já sem medo e sem vergonha
Virados prà luz do dia                           (Lá vêm subindo o abismo)

Nao seremos pais incógnitos
Netos de filhos ignaros                         (Não Seremos Pais Incógnitos)

O homem precisa é dum'outra cantiga
Agora que o frio voltou                        (O Homem Voltou)

Quando nunca a noite foi dormida
O que faz falta
Quando a raiva nunca foi vencida   
O que faz falta é animar a malta
O que faz falta
O que faz falta é acordar a malta
O que faz falta                                                    (O Que Faz Falta)

A toda a parte chegam os vampiros
Poisam nos prédios poisam nas calçadas
Trazem no ventre despojos antigos
Mas nada os prende às vidas acabadas             (Os Vampiros)

É já Primavera
Amar nao é pecado                                      ( Papuça)

Não me obriguem a vir para a rua
Gritar
Que é já tempo d' embalar a trouxa
E zarpar                                                          (Venham Mais Cinco)

De caciques e de bufos
Mandei fazer um sacrário
Para por no travesseiro
Dum cura reaccionário
Nao sei quem seja de acordo
Como vamos terminar
Vinho velho vinho novo
Viva o Poder Popular                           (Viva o Poder Popular)

Vejam bem
que não há só gaivotas em terra
quando um homem                               (Vejam Bem)
quando um homem se põe a pensar

(pequena homenaxa ao Zeca Afonso desde textos por el escritos,

desde textos porel soñados para cantar

a liberdade

a liberdade do pobo oprimido

a esperar)

Férveme o sangue da memoria

Nun día así

Que a utopía é posíbel

No sol da lembranza puñados de futuro

Que a utopía é posíbel

Non esquecerás a miña man, irmán

Nun día ásí

Escoita

No sol da lembranza puñados de futuro

NÓS, NÓS TAMÉN NAVEGAR

Chuzame! chuzame -

Incertos, segunda xornada de lectura

Posted: xoves, abril 24th, 2008 @ 6:53 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

Vaia por diante que nunca, absolutamente nunca considero o termo relato como sinónimo de conto

O conto presenta unhas esixencias técnicas das cales o relato se caracteriza por des-prenderse

Estes Incertos de Dobao teñen unha disposición da intriga coma a dos contos; encérranse, coma os contos.

POLA MEMORIA DO TEU PAI

Dun golpe, eu perdinos aos dous, e así tiven que vivir a vida, todos estes anos sobrantes, sen os dous homes que máis quixen, pedíndolle a Deus que me levara para onda El...

Pero que fas. Garda esa pistola. Non me mates, por favor. Garda esa pistola. Pola memoria de teu pai, non me mates! ( 36, desta vez non copiei o  inicio)

.........................................

NON SOMOS NADA

Pola xanela entra o son da auga a se pousar aburrida nunha poza. Chovía. Desde dentro víase unha rea de paraugas de cores e tamaños diferentes camiñando contra aquela chuvia maina. No cuarto, longo, de teitos altos, paredes mal pintadas, só quedaban Ana e María Rosario. (37)

(...)

Ana sente os dedos quentes de María Rosario e déixase ir escorrendo na cadeira. Recúa a cabeza. Os cadrís vanse erguendo do asento, tensos. Cerra os ollos. Empeza a respirar profundamente.

-Ai, prenda...     (45) 

........................................

CÍRCULO VICIOSO

Estaba na aula de arriba. Haberá por aí máis ou menos dúas ou  tres horas ou así, non sei. Ou máis. Digo eu, porque xa non queda ninguén. O tempo detívosemme ou pasou veloz demais, non sei. Fóiseme. (47)

 (...)

Do prado xurdía a cachón sobre a beira do camiño un regato que empezaba a tinguir a estrada de vermello escuro. (56)

.............................................

O ROSTRO DA MULLER DE ALDREI

Pemso naquela mañá porque nunca fun quen de a arrincar da cabeza. Foi ao outro día de levar o espello para a casa. (57)

(...)

Pero este volverá ser o inici dunha rolda que se repite e repite desde aquel día en que se ma apareceu no espello roto da miña nai o rostro da muller de Aldrei. (67)

......................................

O ESPELLO

Sempre lles tivo unha xenreira doente aos espertadores. (69)

(...)

Escoitas logo a súa voz, que fora túa, tan familiar, que che di qué fas aquí durmindo, no sofá; érguete,q ue tes exame ás oito e xa son as sete e media, Olga.

      Entón abriches con pavor os ollos e viches que quen che falaba era Xiao Marques.  (78)

.................................

A TRABE DE ALCATRÁN

Todo é silencio. Cara o mar unha figura humana observa un sol a pairar sobre a superficie negra e reugosa. Todo é silencio. A muller pousa no peirao, con movementos pesarosos, un corpo cangado. Todo cala. (79)

(...)

O que vén despois xa o coñeces.

     Pero xa está. Vamos deixar a leria que xa son horas. Espérannos no monte. Non esquenzas as máscaras. Hai que facer estoupar eses muíños do demo que nos están empezando a instalar. (89)

Chuzame! chuzame -

de sucedáneos

Posted: xoves, abril 24th, 2008 @ 2:40 pm in LINGUA | No Comments »

a mentada na anotación anterior, marta rivera de la cruz, é outra das autorías que se vén empregando por parte do profesorado de lingua e literatura castelá como lectura para o ensino medio

lingua e litaratura castelá que tiña auténticos problemas (ollo, estou xeneralizando e son consciente) para que os alumnos leran, creo que agora tampouco lles vai moito mellor, pero non deixa de ser curiosa a evolución, ese agarrarse ao cravo ardendo da proximidade, igual chegaron á conclusión de que o que ofrecían non interesaba por alleo...

non deixaría de ser curioso neste tempo de aldeaglobal

ao que ía, será recondábel que os autores galegos (sobre todo os especializados no nicho) escriban desde claves autenticamente galegas (e procurándoas con clareza), cousa que non poden facer as martas riveras de las cruces simplemente porque non pertencen ao noso sistema cultural e o que din dino como perceptores alleos

o porfesorado de lingua literatura castelá tamén utiliza traducións ao castelán de obras galegas (Rivas, de Toro...), xa o dixen noutra anotación.

neste caso das traducións existe a agravante de que a tradución castelá pon de manifesto que a publicación en galego non era a da versión definitiva, o cal representa un perigo moi serio, perigo e vergonza

a ter en conta, aínda que unha tradución nunca susbtitúa á versión orixinal e que os alumnos e alumnas cheguen á conclusión de que "estes xa non saben que meternos para ler e agora teiman co sucedáneo "

nunca tiven problemas para que os meus alumnos leran os libros que lles recomendei ou esixín, un len máis e outros menos, pero cun nivel moi notábel seo comparamos cos apuros e queixas dos de lingua castelá...

porque será?

Chuzame! chuzame -