conciliar vida familair e laboral
está demostrado: cada vez que un minstr@ de Educación, ou pola súa conselleri@, cada vez que lle dá por pensar quen o paga son os rapaces, e despois os educadores e pais (no mesmo bombo pero máis os educadores, porque sobre eles as decisións a tomar teñen rango directo).
seica agora sairá que os centros van poder programar e levar a cabo actividades extraescolares fóra de horario lectivo ( e inclúense sábados e domingos). Para conciliar a vida familair e laboral.
para conciliar a vida familiar e laboral??????
PARA CONCILIAR A VIDA LABORAL E FAMILAIR???????????
NOOOOOOOOON.
ROTUNDAMENTE NOOOOOOOON
simplemente porque non saben qué facer e queren dar a impresión aos votantes de que algo fan.
señora conselleira, señores de educación, se queren conciliar vida familiar e laboral comecen por evitar que o transporte escolar sexa quen decide os horarios dos centros.
(exemplo. Ío entra ás 9,30 porque quen fai o transporte escolar ten que lle dar tempo a facelo tamén para os do outro grupo escolar, que entran as 10,30. se fora porque non hai máis empresas que quixeran facelo...)
vostedes non queren concilair vida familiar e laboral. non, vostedes o que fan é permitir e inducir a que non haxa vida familiar. para vostedes, o ideal sería que os fillos nunca estiveran na casa, porque, en teoría, así os pais estarían contentos ao non ter que aturar/coidar aos fillos .
non son un mal pensado. non. todo o que vostedes fan vai polo mesmo camiño : incrementar o tempo que o alumno está no centro, xa este ano van ter horario lectivo de tarde en xuño e setembro.
pois saiban que este pai está terriblemente incomodado con vostedes, porque en lugar de conciliar a miña vida laboral e familiar o que vostedes fan é ROUBARme tempo que non poderei estar co meu fillo.
servirá ese tempo para que os educandos rematen a vida escolar mellor formados?
NON. ROTUNDAMENTE NON.
a ver cando se dan conta ( e xa vai sendo hora ) de que o fracaso escolar é un PROBLEMA SOCIAL, non individual. Na maioría dos casos non se debe a que o alumno non poida superar as metas esixidas, débese a que NON QUERE, e ese élles un problema social desde o momento en que non lle pasa a un alumno senón a moitos, desde o momento en que non percibe na sociedade valores que o animen a estudar.
e outra cousa: como tamén son ensiante, sei positivamente que o alumno cando estuda é na casa, vostedes farán posíbel que cada vez estea menos tempo na casa, ergo, non o dubiden, están vostedes contribuíndo ao incremento do fraso escolar.
como educador sei que para paliar o fracaso escolar o único que vostedes fan é parir programiñas disto por aquí, por alá, e non se moven desa ineficacia endémica. só saben sobrecargar o traballo dos educadores. que triste!!!
queren solucionar o fracaso escolar e conciliar a vida familair e laboral???
SI?
empecen por non impedir a vida familiar dos alumnos.
continúen poñendo cartiños na mesa, cartiños que paguen profesores de apoio a quen os necesite. e creando as condicións sociais desde as cales se lle enxergue futuro a iso de estudar.
pensen as cousas antes de poñerse a facelas, o malo da diarrea mental é que non é doado contela e alcatrea abondo.
e, aínda que sexa, moito pedir, miren un pouquiño por aí fóra, por aí fóra onde funcione ben o ensino. non lles falo de USA, ou Inglaterra, ou Francia, ou Alemaña... que aí non lles vai gran cousa.
e terán que ir a Cuba? saben que é un dos máis eficientes sistemas de ensino do mundo, senón o máis?
e se non queren ir tan lonxe, co que debe cansar, estanlles aí os países escandinavos... QUE NON DUBIDARON EN POÑER OS CARTIÑOS ENRIBA DA MESA.
chúzame -