ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for abril 9th, 2008

Para dicir abril, primeira xornada de lectura

Posted: mércores, abril 9th, 2008 @ 8:29 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA, Sen clasificar | No Comments »

si, vou poder rematar a lectura o venres, se non hai imprevistos, e aínda que mañá sei que vou perder a mañá e por riba cansarme.

como xa lle dei moitos bocados, iso axuda moito.

a de Vázquez Pintor é unha prosa, potente, autoreflexiva, de exploración á beira do abismo e aínda así transpira tanto vitalismo!

a de Vázquez Pintor é a prosa máis galana das letras galegas, sempre me deu esa impresión.

Subliñei:

Son as bases do concurso da vida: falas, comunicas e todo vai contigo máis lixeiro. (17)

........................

Por iso vivo e chouto neste cuarto a media luz que xorde das tarabelas do vento: parque eólico das alturas onde se coce a cavilación e a historia resucita cos seus mártires. (17)

.........................

As súas biografías teñen alma de pallaso, esa traxedia que fai rir e que comete o crime de asolagar a aldraxe, o rancor e as vingas do diario, a triloxía qu etantas veces vende e arruína os poucos anos.  (24)

.........................

Olleina seria e triste, coas bágoas de manchar o rimmel, nun negro de tinta que se perdía na boca. (28-29)

..........................

Na viaxe polo Mediterráneo o barco era unha cámara de ausencias: faltaba o aire delas. Si, estaba todo ben e agosto axuda co seu día en equilibrios. (39)

..........................

Os días eran anxos e o ceo andaba en descuberto. (45)

..........................

Nunca durmir, que o tempo galga e arde, abrasa a sensación da noite, cando estamos núas e dispostas. Antes visitamos o río das historias. (45)

.........................

A boca bica, bebe ao biés as nosas vidas de urxencia. Non hai mañá. O carpe diem da nosa puberdade de nunca colegas no instituto. (46)

.........................

Aquela nosa renuncia de nos entrregar á procreación sen excedencias, do si quero, do si prometo, do si cometo, do si son túa, do siñersí era mal visto polas curias da decencia institucional, que nos revisa os diagramas e nos viste de adulterios e fornicios sen pene, coma  se o amor e o sexo fosen rabo de perindengues, cartafol de seme, apatías. ( 51)

.........................

Nada é preciso dicir cos labios á intemperie para que todo se saiba sen cancelas.  (51) 

Chuzame! chúzame -

e deus obrou nas NNXX

Posted: mércores, abril 9th, 2008 @ 2:47 pm in LINGUA, Sen clasificar | No Comments »

onde a vai saber un!

hai concellos que toman o tema da lingua coa seriedade que merece, por exemplo o de Redondela, vexan a entrada do día 8.

aquí, no blogue dunha militante de NNXX.

tamén figuran como impulsores da mediada Política Lingüística e a TVG, destes dous non me fío, fano por aparentar.

agora do que quero falar é do prexuízo lingüístico que esta membro de NNXX espalla.

literal: "Eu, dende logo, seguirei expresándome na lingua que me dea a gaña no espazo e no tempo que considere oportuno"

e Deus baixou e encarnouse nas NNXX. non hai ninguén neste mundo que fale a lingua que quere. se se lle pregunta a un chinés (dos moitos, e en moitas linguas, que hai) non dirá que fala  a lingua que quere. poderá dicir que quere a lingua que fala, pero falar unha lingua non é libre, a selección non a facemos nós, faina por nós a comunidade histórica na que nacemos. pasa que despois non estamos conformes, ao mellor (no exemplo de antes podiamos poñer un angolano, por exemplo, que seguro que lle había gustar mellor ser inglés ou norteamerinaco) e entón buscamos excusas xustificatorias.

no fondo está o autoodio.

literal: É o mínimo que se pode pedir á liberdade de expresión, que para iso temos dúas linguas oficiais para escoller, e non só unha, como algúns queren que sexa.

é dicir, como ela mesma quere que sexa, sempre que sexa o castelán, claro, que es la delas niñas guais.

tanto autoodio dá noxo porque representa reaccionar contra unha cultura. non se me ocorre a min desexar nada malo para o castelán, para acultura castelá, aínda coa represión que levan aparellada e sufrín e sufro, porque sería un atentado contra as posibilidades culturais universais, contra a riqueza universal. por iso e porque me considera boa persoa, unha persoa que non quere mal a ninguén.

por certo, de perderse o galego, a  perda para a cultura unviversal non vai ser moito menor que se perde o castelán, non vai pasar despercibida.

por certo, se o castelán chega algunha vez a eliminar ao galego, ao catalán, ao euskera, se algunha vez o fai tamén vai sufrir consecuencias: non se recoñecerá a si mesmo. non se pode eliminar culturas máis antigas, con raiz histórica máis fonda, e seguir como se non pasara nada. a Historia ensina o contrario.

a liberdade de expresión usada para francotirar contra o galego (vaia perversión), gábase de ter dúas linguas (coa boca pequena) mentres tira contra unha delas, exemplar

literal: o que a uns lles parece potenciar e fomentar, a outros nos parece impoñer polas bravas

ai, miña nena, polas bravas impuxestes o castelán, coa espada nunha man, a igrexa na outra e a represión polo medio, deica deixarnos como estamos, e agora, cando podemos ir recuperando os espazos  que nos eran propios ides e dicimos que impoñemos. ti si que estás a favor de impoñer, de impoñer o castelán, claro

aquí aínda non se botou do traballo a ninguén por usar o castelán, e deberíase, porque non cumpren no traballo

pero si se botou a xente por  falar galego, e cumprindo ás marabillas no choio.

para que seguir?

esta xente non é libre, son escravos dos prexuízos, por iso non agardo que o entendan, teñen intereses que llelo impiden, se non fora polo mal que fan darían mágoa.

Chuzame! chúzame -

unha boa noticia

Posted: mércores, abril 9th, 2008 @ 12:08 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

unha  boa noticia.

pero os copes xa sabían que perderían.

lograron o que querían : enxurrar contra o galego, andan moi escocidos, e que lles dure.

gústame ben a entrada do Galpón de Breogán 

Chuzame! chúzame -

tan mal como vieiros

Posted: mércores, abril 9th, 2008 @ 12:06 pm in ACTUALIDADE LITERARIA | No Comments »

 A Nosa Terra Dixital cobre a noticia dos Premios da Crítica tan inexactamente como Vieiros.

Chuzame! chúzame -