ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for abril 13th, 2008

boicot a La Voz de Galicia

Posted: domingo, abril 13th, 2008 @ 11:01 pm in CARA ADIANTE | No Comments »

antes de nada: acabo de eliminar anotacións (dous ou tres días de anotacións) sen decatarme, a agora non sei se poderei recuperalas nin como.

a correspondente ao boicot a La Voz de Galcia é unha delas.

velaquí, a ligazón

dicíavos tamén que esta é unha primeira iniciativa, a xente anda moi, pero que moi cabreada coa actitude de La Voz de Galicia e xa non está disposta a aturar máis as manipulacións a que nos ten habituados ( e das cales non son culpábeis os xornalistas que para este medio traballan).

a xente estase movendo e celébroo, en nome da pouca liberdade que aínda nos queda.  prepáranse outros tipos de reaccións, polo que sei, en canto teña máis información xa vola irei deixando aquí.

axalá que isto sexa só empezar, non só LVG merece esta reacción.

a xente móvese, e ti?

Chuzame! chúzame -