mañá será un día duro
os acólitos do pac meiga entraron a saco na sección da biblioteca que corresponde ao Departamento de Lingua e Literatura Galega, escagallaron todo.
non me meto xa en que pensan que unha biblioteca escolar ten que ter todo clasificadiño coma se for a Biblioteca Nacional. unha biblioteca ten que responder ás necesidades que lle esixe a comunidade de utentes á cal serve e en función dos cales debe estar deseñada. se é a biblioteca dun centro de ensino está claro cales son eses intereses, non teño tan claro que os promotores do pac meiga sexan conscientes diso. nin os que a min me toca aturar, os domésticos, que se meteron no que non saben, enchen todo de "carteliños" de criticábel gusto, pouca conveniencia e ningunha efectividade de cara á promoción do libro, a iso que lle chaman "animación á lectura". A DCU (clasificación decimal universal), o mellor que ten, é que permite, dá unha lixeira posibilidade de ser personalizado. renunciaron a esa posibilidade. nun centro de ensino nunca se debe renunciar a tal, falaremos disto outro día.
teño non só o hábito senón a convicción de que aos alumnos hai que fornecelos de lecturas que non choquen brutalmente coas súas preferencias temáticas, aínda que son moi abertos e receptivos, lógranse meirandes resultados camiñando ao seu par e indo ensinándolles as bifurcacións que se lles presentan no camiño.
por culpa deses incompetentes terei que reorganizar todo o que escagallaron. pensan que podo atender vinte ou trinta peticións de lectura en cincuenta minutos se teño que andar buscando onde están os libros de cada vez????
se podía facelo era porque a organización na que tiña as lecturas mo facía posíbel.
e por iso o Departamento de Lingua e Literatura Galega nunca tivera queixa dos índices lectores, nunca.
e por iso o alumnado sabía perfectamente onde tiña que buscar as súas lecturas e se podía controlar e incentivar a súa iniciativa lectora.
terei que reorganizar todo e é posíbel, así o agardo, que se me opoñan e eu non calarei.
teño pendente unha anotación sobre o que significa o proxecto meiga, que ten cousas boas, si que as ten, pero tamén vicios e outras perniciosas que sempre me fixeron miralo con receo, serán útiles para clasificar, pero nada útiles para que o lector se sinta cómodo e potencie a súa instalación como tal lector.
chúzame -