...polo medio do que escribes tes que ir deixando ocos para que a cousa se espila e mais se airee. E tamén o lector, que non é parvo (129)
.................................
-Tiñades que acusalos perante todo o mundo de criminais de guerra e de posguerra (139)
.................................
-¿Metícheste entomólogo?
-Non, é por distraerme (146)
................................
Cada vez fanse máis aparcamentos para gardar os nenos, coma os coches, e máis colexios para estabulalos.
-¿E déixanse gardar?
-Dificilmente.
-¿E pacen algo?
-Pouco (149-150, o remarcado é meu)
......................................
A maioría dos novos non ten casa tampouco de acomodo, porque non hai avós nin case irmáns e, cando necesitan o remol do niño, bótanse á rúa en bandas e mais á praza pública par aniñaren no medio do cemento, que é duro e ríspido (155)
......................................
...tal vez é Cunqueiro a grande testemuña do noso vello xenio e do temperamento do país. En todos os seus contos, o excelso narrador levanta acta dun complexo universo que lamentablemente se perde sen remedio, seguro que por falta de acomodo ou enxerto adecuado. Por iso case todos os relatos están postos en boca de personaxes vellos, lúcidos e experientes ata a mesmísima liña da demencia, pero que xa se saben habitantes das marxes e seres desherdados (161)
...........................................
Todo o que non fixeron os mazados e tumefactos dos cárceres franquistas -moitos xa nin o contan- hano facer os novos, os netos dos mallados e algúns pais (168)
.........................................,
Resulta moi patético e moi triste que os xuíces aparten a mirada das vítimas da casa e, en fuga trasatlántica, se poñan a expurgar nas que causaron Videla e Pinochet (168)
.........................................
De moitos, aínda vivos, acórdaste moi ben como mallaban. Os outros, os herdeiros, agacharon un pouco a mala hostia, pero, á mínima, sáelles (169)
.......................................
- Moita morralla había que limpar.
Así comeza toda a xente de orde, invocando o fascismo. Así comezan todas as vontades impolutas e instintos criminais: eliminando as pezas que non cadran (176)
......................................
Hai moitos que volveron e fan que non se acordan. Non se entende, se non, que lles oculten aos fillos o pasado, que non de ladróns nin de timadores (185)
.....................................
E se acaso non usan máis aquí do discurso é por limitación do narrador, que os solta e que os reprende segundo lle conveña
ESES SON OS SUBLIÑADOS DA NOVELA DE RÁBADE PAREDES EDITADA EN GALAXIA.
chúzame -