ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for abril 26th, 2008

queren impoñer o castelán

Posted: sábado, abril 26th, 2008 @ 10:33 am in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

o PP, partido centralista-imperialista, aínda cando a meirande parte dos seus votantes falen galego

o PSOE, partido de centro que nunca soubo ter un proxecto para Galiza e que sempre ollou retorto a quen si o tiña (non son todos, pero si os que están na Chunta, Touriño, Villarino, Romeu...)

armas que usan:

-controlan os medios de comunicación (trasladan á opinión pública a imaxe dunha Galiza virtual, unha Galiza na cal están a amordazados quen queira defender teses identitarias, e a lingua é a principal), que aínda por riba responden a extraccións políticas de extrema dereita na meirande parte dos casos, belixerantes contra calquera síntoma identitario

-controlan a Chunta, paralizan ou esterilizan calquera iniciativa en prol da identidade

-como son uns covardes, escúdanse nos GA-BI (un colectivo certamente sospeitoso, quen o financia?, que leva na boca a mentira e terxiversación máis infame e reiterada), catro gatos rabiosos que odian o galego, que non dar armado un discurso minimamente cohrerente e se aproveitan do medo que a xente ten a que lle ipoñan algo (claro, tantos anos franquiciados...) IMPEDINDO A NORMALIZACIÓN DO GALEGO QUEREN IMPOÑER, eles si , O CASTELÁN

-pero a principal arma é a desmovilización que nas dúas décadas pasadas se promoveu desde o PP-Chunta, creando, mantendo e fomentando un estado de opinión segundo o cal era unha tontería preocuprse desas cousas. iso leva mesmo a que partidos políticos como o BNG se amosen moi mornos no que teña que ver coa lingua. coma se lles queimara as mans. pois quen non se molla non pilla troitas

REPÍTOME  MOITO?

tanto como o estado de desamparo LEGAL CONSENTIDO?

XOGÁMONOS MOITO

E IMOS TER QUE SER NÓS QUEN POÑA A POTA A FERVER

a campaña da UVIGO que aquí teño comentado é outra proba de como a Chunta touriñana está paralizada (e eles tan contentos) e como o BNG anda nas verzas, de que non saben/queren petar enriba da mesa :  MIRADE QUE SEN NÓS NON HAI MÁIS POLTRONA

e ou empezan a facelo ou a  xente dará en pensar que o BNG é prescindíbel

REPÍTOME MOITO?

XOGÁMONOS O FUTURO

NA MANIFESTACIÓN DO MES QUE VÉN NON PODE FALTAR NINGUÉN.

Chuzame! chúzame -