Incertos, terceira xornada de lectura
É unha hora despois da media noite. Penso:
-quedas co mel nos beizos, é un mel fino, saboroso, devecido
-sei que hai quen non sabe aprezar os contos, porque os de Dobao son contos, e prefire as distancias longas; tamén hai quen pensa que é escritor por xuntar moitas palabras unha detras doutra e mesmoinclusive que teñan sentido ou que quen o le sexa capaz de inducilo daquela restra de palabras que abren novos camiños que non son tan novos simplemente intransitados ou intransitábeis puntos en suspenso-supositorio...
-ah, aqueles tempos dos participios concertados, perdidos...
-de todas as manifestacións narrativas, son as máis breves as que meirande pericia requiren; é como namorar, meirande dificultade hai en namorar (a ela, a el) no breve espazo de tempo da primeira cita.
VALOR DE PRODUCIÓN
Estaba co avó. Escaravellaba nas pedriñas máis lisas, contra o fondo da viña, á sombra dunha cacho cepa de garnacha igual ca unha casa, agachándose da calor debaixo das follas (91)
(...)
Só veu aquela mañá cedo para falar comigo un bocadiño mentres eu non paraba de me lle abrazar ao pescozo. Traía unha voz triste, suaviña, que non parecía del.
-Volvinche, fillo. Mañá empeza a vendima. (102)
O LIBRO QUE NUNCA LIN
Espertei suavemente, e era raro. (103)
(...)
E acabaches por me deixar coa palabra na boca en canto empecei a tentar mudar a ruta do tempo. Agora estarás abrazado a ela, pero nunca máis volverás sentir esa sensación.Cando espertes xa non estará. E non puidemos facer nada por evitalo.
Agora é demasiado tarde, e por fin me vence o sono. (116)
A DERRADEIRA LECCIÓN
Canto tempo andara desde a última vez que tivera ocasión de conversar co profesor Laureano Armesto, pois francamente non o sei. (117)
(...)
Iso foi apenas hai tres días. Hoxe é venres, o día que me mandara reservar para el. Chove como nunca vin chover. Estou triste. Non vin esta tarde a Xiana no enterro de Laureano Armesto. ( 132)
A ENCRUCILLADA
Cando pensas que termina o día, vai e empeza. (133)
(...)
Se botas o ollar para atrás e observas o decorrer da historia, verás que non hai outro protagonista ca os colpasos temporais.(148)
(...)
Todo o que seremos. Nada do que fomos. O colapso temporal (149)
(si, que só ía poñer inicio e remate, xa, porén este...)
chúzame - No Comments »
No comments yet.
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>