ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

O frío azul, primeira xornada de lectura

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA — 2008-04-29 @ 7.53 pm

Foi breve esta xornada, que aínda non rematou, mais por agora só podo falar dos dous primeiros capítulos. Continuarei lendo esta noite. Con todo hai algunhas cousas que xa podo comentar.

Por exemplo, que as personaxes son rexas, teñen personalidades fortes. Os diálogos en que se manifestan son intensos. O lector sempre agradece isto, méteno moi ben na historia.

Por algún lado lin que Ramón Caride dixo que non quixo facer unha novela histórica. Ben, transcorre, polo que lin, no século XVI. É breve, 166 páxinas. Mais polo que atinxe ao rigor estilístico, ao coidado léxico e morfosintáctico...teño claro que Ramón Caride é un home modesto, é dicir, que non é dos que van pola vida coa bugina do autobombo a todo volume...

Subliñados:

Din, algúns, que Oseira vén de óso; e, coma un óso da terra, macizo e teso, pelado e irto, penedo espido, érguese ante o viaxeiro o mosteiro vello. (13)

.........................................

O viaxeiro vén de moi lonxe. Non o acarrexa ao solar dos frades a devoción nin a piedade, antes tróuxoo o espanto (13)

...................................

El é home de espazos abertos, de aire, lume e sangue visto, ferros e cans ao sol das devesas, paisaxe perdida; e non loitador desta paisaxe estraña: a pedra labrada, o mofo, este balor de humidade e séculos que se mete nos ósos e nos miolos (22)

...................................................

Todo revive, reverdece, coma un perpetuo pesadelo, Sísifo condenado a arrastar a pedra colosal do crime, repetido na imaxinación canto na memoria (23)

...............................................

... avisan a Egas de que está no cubil dunha rapina, na gorida dunha besta rexa e afouta. Alguén que podería ser un santo de pedra ou un demo (27)

................................................

Havos doer. Escollestes saber, e saberedes (28)

...............................................

Contarei tan cruamente como pedides, tan despiadadamente como merecedes (29)

Chuzame! chúzame -

No Comments »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)


*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word