ferradura en tránsito

Non tes paradura, neno

Archive for maio, 2008

pan e coitelo, segunda xornada de lectura

Posted: sábado, maio 31st, 2008 @ 1:24 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

O que é , é.

E despois de Il rapitore smemorato, vén Un´esca chiamata Narda.

Narda é unha das mulleres da vida de Carrodeguas, Conselleiro de Cultura na época do Prohome. Unha das personaxe máis logradas, a mellor e máis interesante. Unha moza eficiente no seu traballo de secretaria, solícita e disposta pero á que menos caso lle fai ao Conselleiro, poñendo de manifesto a súa des-intelixencia, porque a vida sentimental de Carrodeguas non deixa de ser unha aguillada roma cos demais e aguzada contra el, un fracaso.

A presenza da banda deseñada de Mandrake xa está xustificada, non é un pastiche.

Quédalle ben.

O que é, é

Chuzame! chuzame -

pois si, pan e coitelo

Posted: venres, maio 30th, 2008 @ 2:52 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

é a lectura que escollín para esta semana tan atarefada.

Neste momento levo lidas 62 páxinas. Sábado pola noite heina ter rematada.

E estou un pouco arrepentido. Porque a Atracción fatal de Carmen Blanco precisa cobertura teórica canto antes. A de Bieito Iglesias é unha novela, todos sabemos o que é unha novela. Carmen Blanco remexe nos ganduxos marxinais do literario, arrisca moito, algúns lectores (minto, lectoras) xa me fixeron chegar a súa "estrañeza" (tamén direi que Sulema se sente engaiolada por esta lectura).

Á marxe diso, está a me prestar a novela de Bieito Iglesias. Non é o seu mellor texto, ou o máis ambiioso pero a escrita de Bieito Iglesias  é atraente, paródica e metafórica á vez, descrida e convencida, lúdica e moi seria. Estas non son anotacións na ficha de lectura, pero serano. Hoxe, a Ferradura vai por diante.

Deica agora falei de novela. Non o volverei facer. É unha novela breve. Tamén folletinesca.

Alguén quere adiviñar cantos capítulos ten?

A incorporación do Mandrake ( Il rapitore smemorato) dálle fólegos, inclusive permite xulgala desde unha perspectiva máis ampla e complexa,

certo é;

pero o que é, é.

Chuzame! chuzame -

españa desfaise, carallo

Posted: venres, maio 30th, 2008 @ 1:59 am in curiosidades? | No Comments »

eu tampouco podo evitar poñelo

Chuzame! chuzame -

o libro antes do libro

Posted: xoves, maio 29th, 2008 @ 6:22 pm in ACTUALIDADE LITERARIA | No Comments »

Eduardo Estévez, parabéns polo González Garcés e que boa pinta ten Construcción xulgando polas súas palabras...

Dicía Eduardo Estevez : A discusión sobre o futuro do libro é arcaica. O libro está morto, cando menos tal e como o coñecemos, en papel. O futuro do libro está en internet, e negalo é non ver a realidade.

Non creo eu. Tan redondamente, non.

Primeiro, de que tipo de libro (en papel hai moitos tipos de libros) estamos a falar?

Pero nin aínda así. Non mentres o libro electrónico non se poida ler na praia, na cama, no parque, no retrete...hoxe por hoxe son moitos os contextos onde resulta traballoso en exceso o soporte informático...

Pero nin aínda así. Sinxelamente porque a pantalla do computador cansa moito máis a vista, aínda segue sendo moito máis cómodo e san ler no papel...Imaxinan como quedarían os nosos fillos se estudaran nunha pantalla en lugar de facelo no libro? Bo negocio para as ópticas.

Imaxinan ler na pantalla do computador unha novela de 600 páxinas, aínda que sexa a cachos...velaí que os "libro virtuais", concebidos como tales, teñan un número reducido de páxinas. Sempre poño este exemplo, seleccionen un, báixeno.

O libro virtual posúe características individualizadoras que fan del un producto cultural máis que non ten porque competir coa edición impresa.

Si, pero de aí a que o substitúa...

Imaxinan non poder tocar o libro, ter contacto coa súa dimensión física, non poder ulirlle o recendo, non poder abrilo ou pechalo? Qué triste unha casa sen un libro que te convide a entrar nel, a buscar un lugar cómodo e perderte nel...

Non poder darse o gustazo de subliñar, aínda que a liña saia torta?

Eu, non.

Non, internet non vai acabar co libro de papel, tamén porque o libro de papel xera industria, economía, e o outro non, moito menos.

Non, internet non vai acabar co libro de papel, porque o soporte informático é moito máis incómodo e insán.

Non, internet non vai acabar co libro de papel, pero si vai modificar aprezabelmente as relacións creador-editor-lector. Xa comezou a facelo.

Internet propón un tipo de libro alternativo para un determinado tipo de lectores, sobre todo para os que precisan lecturas rápidas e intensas. Pero non serve moito menos para quen estime a lectura demorada.

Tamén se pode dicir xa que internet é, moitas veces, o libro antes do libro.

É o libro antes do libro para que crea primeiro na rede e despois o leva ao papel.

É o libro antes do libro para quen se informa na rede antes de compralo ( se cadra vía internet).

Chuzame! chuzame -

nin che conto

Posted: xoves, maio 29th, 2008 @ 7:14 am in ACTUALIDADE LITERARIA | No Comments »

rematei onte á noite de revisar as primeiras probas de Nin che conto.

estou moi contento, foi un parto difícil, moi prolongado no tempo.

Nin che conto é, en boa maneira, froito da obsesión,

primeiro pola obsesión de saber máis, máis da Literatura Mínima

da Literatura Mínima como Literatura Alternativa, totalmente á marxe do que hoxe coñecemos como tal literatura,

e, dentro da Literatura Mínima, tamén da obsesión polos microcontos, a literatura que máis adicción crea.

o libro ten unha primeira parte que consta dun estudo teórico e, formando parte dese estudo, unha antoloxía co canon da microcontística a nivel internacional ( con textos de Borges, Monterroso, Arreola, Torri, Kafka, Denevi, Perucho...)

que vai antecedida polos DEZ CONSELLOS PARAS LER LITERATURA MÍNIMA (tédelos aí, á dereita)

de xeito que aproveito eses textos para "formar" ao lector. O de formar, se cadra é moito dicir. Para evitar que lean como máquinas, que pasen folla sen reflexionar, elaborei un textos que llelo impidan.

a segunda parte é unha aproximación á Literatura Mïnima galega, desde os tempos dos trobadores a hoxe, unha antoloxía de 60 textos que vai precedida polo DECÁLOGO DO ESCRITOR DE LITERATURA MÍNIMA. Se antes animaba a ler, agora, a partir deses textos animo á escrita botando man de recursos típicos da Literatura Mínima.

eses textos de animación (á lectura, á escrita) teñen moito de creación persoal, e lagún confeso que me entusiasman.

deste xeito Nin che conto ha ser un libro rara avis, para quen queira saber teórico, para quen queira ler, para quen queira escribir, para profanos, para entendidos, para desmitificadores, para mitificadores. Un libro en constante enfrontamento coa concepción obxectual e totémica do libro.

Sairá en Xerais.

Chuzame! chuzame -

La Voz de Galicia e a desesperación

Posted: mércores, maio 28th, 2008 @ 10:38 am in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

A cousa estáselles saíndo do testo.

Por se non fora pouco o de certo boicot que anda no aire ( e o aire é mollado, ubérrimo).

Chégame ao correo nova información, a desesperación devóraos

DEVÓRAOS,.

Conveń, e moito, termos en conta, á luz do que achegaba onte Adycto, o que faga a Administración, só faltaba que lles foran inxectar

vitaminas en xeitooo de eurooos... VIXIEMOS.

Tamén porque non dou entendido como é que, na actual conxuntura política, non dá aparecido un medio galego plural, demócrata e que non nos mire aos galegos coma se foramos extraterrestres

Chuzame! chuzame -

os apuros de La Voz de Galicia

Posted: martes, maio 27th, 2008 @ 7:02 pm in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

-Como é que hai tanta Voz de Galicia ciscada polo centro adiante?

Esta pregunta de Sulema, creo que todos os membros do cláustro nola temos feito algunha vez., e non seremos os únicos, en cantos maís lugares acontecerá que cada día é coma se as sementaran, pódense contar se cadra 5 ou seis exemplares do mesmo día.

Como non nos custa nada, a pregunta queda aí.

Pero é que en cada festa gastronómica ou evento aparellábel, acontece o mesmo, bolsas de La Voz de Galicia a esgalla, cun exemplar do día, un cd e un libro.

Que non nos custa nada?

Non estou eu tan seguro.

A verdade verdadeira é que La Voz de Galicia está inflando as tiradas. Non quere baixar do club dos 100000. E tira 105000. Deses 105.000, unha quinta parte ou así regálaos, por iso é coma se a sementaran. De fontes fidedignas, seino. Están desesperados

O que xa me gustaría saber é cantos cartos públicos, vosos e meus, lle meteu no peto a Administración para que puidra tirar os cd., os libros, os epeciais...esas cousas.

Imaxinar é de balde. Que La Voz baixe 10, 15000, non é tan difícil. Se cadra empezaban a cuestionarse o desdén despótico con que nos tratan aos galegos, á cultura galega e á lingua galega

Ler isto, non perderse os comentarios. Lembrar.

Chuzame! chuzame -

que lerei esta semana?

Posted: martes, maio 27th, 2008 @ 2:05 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

Tiña enriba da mesa dúas interesantes propostas literarias

A Atracción total, de Carmen Blanco, e o Pan e coitelo

de Bieto Iglesias

O diarioemocional, a fractalidade emocional contínua, en cápsulas de enxeño... Literatura Mínima de Lugo

Ou a escrita desinhida, directa, sen concesións desideoloxizadas, lingüisticamente rica e estlisticamente tamén...Novela de Ourense

Conflitividade xenérica intersticial, en Xerais

Confluencia xenérica (Mandrake + Bieito Iglesias), en Galaxia

Esta mañá collín un, cos ollos pechados...

Chuzame! chuzame -

escándalos urbanísticos

Posted: martes, maio 27th, 2008 @ 1:18 am in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | No Comments »

Pero non estabamos con iso da crise construción e tal?

Tempos de crise, tempos de estraperlo, de corrupción, de aproveitados...

E de conflitos, Galiza é un conflito, en Vigo, en Ferrol, en Pontevedra, no Courel, en Cangas

E recollo no correo novidades da Coruña,

e o escándalo en San Cibrao, vexan: 1, 2, 3

GALIZA NON SE VENDE, NON NOS VENDEMOS, ALOITAREMOS

Chuzame! chuzame -

A venus de cristal, terceira sesión de lectura

Posted: luns, maio 26th, 2008 @ 7:22 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

A carón do índice, teño anotado:

Novela breve, novela lírica, novela máxica, novela estática e idílica, novela de estilo elaborado.

E vai unha mostra:

Hai apenas oito anos, nunha praia da costa do teu país, nun descoido da túa nutriz, fermosa serea de verdes cabelos, que te criou aos seus peitos con escuma de mar, secuestroute un raspiñeiro dos mares. A serea transmitiuche a través do seu leite salgado o don da incomparable voz...De xeito que aprendiches a cantar como só o fan os anxos e as sereas, denantes de pronunciar as primeiras palabras. Cando fuches raptada estabas a xogar nunha praia de area de arrea de ouro moído, xunto coas túas doce irmás, todas elas, coma ti, descendentes da nai Lúa. Por iso levabas tatuada na fronte o seu sinal. Túa nai, criatura, tivo o antollo de baixar do ceo unha noite para se bañar. Alí, sorprendeuna tremelecente e núa o rei turco que, namorado dela, deseguida esqueceu o seu fastoso harén e as súas cen esposas, que agardaban por el impacientes.  (50-51)

Chuzame! chuzame -