o PP contra o galego, e os socialistas por accidente
A ver, que hai de inasumíbel no manifesto da Mesa para a manifestación do día 18?
Manifesto:
As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional "Polo dereito a vivirmos en galego" este 18 de maio de 2008, declaramos:
1.- Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como "a lingua propia" do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.
2.- Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.
3.- Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.
4.- Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.
PERO COMO SE PODE APOIAR ISTO? PENSARON OS DO pp DE poio. PENSARON? NON ESTAS COUSAS FANAS SEN PENSAR. SE SON CAPACES DE PENSAR XA É UN MISTERIO ( NOS CASOS DE DIARREA MENTAL É DIFÍCIL IDENTIFICAR O AXENTE DESENCADEANTE, NO MEDIO E MEDIO A FURRICADA)
TRÁTASE DUN ODIO BURRO E IRRESPONSÁBEL, PAILÁN, VERGOÑENTO E EMPOBREDCEDOR.
DIXEN pp? HOME, TAMÉN PODÍA DICIR psoe. DE toritos, lugarcitos, méndezromeros...politiquiños figuróns, que están aí por estar e que os vexan, socialistas por accidente, queredores do poder máis que dun ideario político. Hai outros, hai, botáronos, marxínanos...non teñen poder.
NO pp SEMPRE TIVERON MOITO MANDO (exclusivo) OS EMPRESARIOS. OS EMPRESARIOS DESTE PAÍS SEMPRE SE DISTINGUIRON POLO INMOBILISMO, POR SEREN MOI POUCO EMPRENDEDORES, POR CONFUNDIREN O mercado COA obediencia política. OS EMPRESARIOS DESTE PAÍS, PAGABAN ASÍ FAVORES POLÍTICOS OU SIMPLEMENTE O FEITO DE PODEREN SEGUIR EXISTINDO. ERAN OS TEMPOS DE FRANCO. MORREU O CAN PERO A RABIA DOS ESBIRROS ENQUISTOUSE E SEGUE AÍ. NORMAL, HABÍA COUSAS QUE NON SE PREGUNTABAN, ESTAR CONTRA O GALEGO (galego : separatismo) ERA UNHA DELAS.
(hai tamén outro tipo de empresarios, como había de socialistas)
MERCADO : CARTOS : ÉXITO EMPRESARIAL
VERDADE?
a ver cando se enteran
EU NUNCA, ABSOLUTAMENTE NUNCA COMPRO NADA NUNHA RÚA QUE LEVE NOME FRANQUISTA
EU NUNCA, ABSOLUTAMENTE NUNCA CONSUMO NADA SE NON ME ATENDEN EN GALEGO
E PÍDOVOS A TODOS QUE FAGADES O MESMO
aí teñen o que é un valor de mercado,
a NOSA lingua : MOITOS CARTOS, SE SEGUEN CO PAILANISMO...PERDERANOS
xa me tarda que o BNG lle faga a pinza ao PSOE aproveitando ao PP, porque pode, non debe sentirse refén e ésa é a sensación que dá
tárdame moito.
chúzame -