ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for maio 7th, 2008

racismo, xenofobia, curtedade de miras

Posted: mércores, maio 7th, 2008 @ 8:11 pm in LINGUA | 2 Comments »

 É legal que exista unha asociación que loite contra os dereitos dos demais cidadáns?

Non é isto racismo puro e duro?

Non é isto xenofobia?

Non é isto fascismo?

Onde van aquelas vellas consignas de tolerancia que nos meteron (polos ollos e polo cu, con perdón) os ultradereitistos cando con quen había que exercer a tolerancia era precisamente con eles?

E os socialistas por accidente, que tanto se ufanaban da magnanimidade que amosaban sendo telerantes, onde lles vai agora, que se trata do galego, o tan gran corazón?

ai, garzón, garzón, ti para onde miras, ollador de mirada birolla?

ai, Xunta, e non tocaba agora un anuncio publicitario reclamando iso, tolerancia?

ah, prensa impresa na Galiza ( o de galega xa é outra cousa), non merecedes nin unha cadela, nin pública nin privada

ah, radio e televisión galegas que non defendedes a man (lingua) que vos dá de comer

CANTA COVARDÍA, SEÑOR

ATA CANDO DURARÁ?

LEAN:  Estamos a construír na nosa terra verdadeiras barreiras mediante a utilización excesiva de políticas lingüísticas que lles pechan as portas ás achegas de xentes de fóra. Hoxe é un feito que, por exemplo, funcionarios que antes podían ter mobilidade desde calquera parte de fóra de Galicia para vir a traballar á nosa terra, agora non o poden facer por descoñeceren o galego. Non nos enganemos: isto está a suceder e non só no ámbito da Función Pública, senón noutros eidos. Estamos conseguindo pouco a pouco pecharlles a nosa terra ás ideas enriquecedoras dos que poden vir do exterior. Pola contra, un galego non ten dificultade ningunha en ir traballar a rexións castelá-falantes do resto de España. LÓPEZ VEIGA DIXIT

É DUNHA CURTEDADE ASOBALLADORA iso de poñer por diante sempre os dereitos dos foráneos sobre os dereitos dos galegos. CON ESTA FILOSOFÍA RESULTA IMPOSÍBEL MEDRAR ECONOMICAMENTE.

CLARO QUE, FALANDO DA CURTEDADE, LEAN, LEAN MÁIS LOPEZVEIGA: As linguas son produto histórico do illamento. Catalán, castelán e galego son produto do illamento de grupos que antes falaban o latín coma lingua común

 EHHHH, A VER CANDO DEIXAMOS AS CAVERNAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 QUE VIVIMOS NO SÉCULO XXI !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Chuzame! chúzame -

A pista de area, subliñados

Posted: mércores, maio 7th, 2008 @ 2:23 pm in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

Non tiña pensado facelos. Apareceu esta deliciosa "digresión" de Camillieri na páxina 76, non puiden resistirme.

Os milaneses matan en sábado era o título dun libro de relatos de Scerbanenco que lera había moitos anos. E mataban en sábado andaban demasiado ocupados a traballar.

Os sicilianos non matan en domingo, pola contra, era o posible título dun libro que xamais fora escrito.

Porque os sicilianos os domingos van á misa pola mañá con toda a familia, despois van visitar os avós e quedan a xantar con eles, despois de comer ven o partido na tele e pola tardiña, tamén coa familia, van tomar o xeado. De onde se quita o tempo para matar en domingo?

(o salientado non é meu)

Chuzame! chúzame -