unha experiencia-aventura explicando poesía
a alumnos de 4º ESO
Tema: A poesía galega desde 1975; evolución
Obxectivo: que sexan conscientes de como evolucionou a poesía galega, uso das TIC
Materiais: libro de texto (ANT) e internet (fundamentalmente)
libro de texto: breve información previa, logo de feita a actividade servirá para encadrar o aprendido
internet: será a fonte onde atopemos os textos
Criterio diferencial: poesía intelixíbel (les e entendes) na que se recoñecen ben os sentimentos / fronte a poesía interpretativa (tes que interpretar para ler, recoñecer ben os sentimentos é traballoso)
Desenvolvemento:
a) pídeselle ao alumno que vaia ao cu do mundo ( o q do mundo ), que cace o coello e entre na poesía de Celso Emilio, que lea
Espranza e o Monólogo do vello traballador
b) ten que identificar os sentimentos de que se fala nos poemas, copiar os textos e gardalos nun pen drive ou gardalos no seu correo electrónico. (Na casa continuará traballando con eles: unha vez identificados os sentimentos, deberá lelos tendo en conta ese dato, preparar un recitado para a seguinte sesión)
c) non é facil atopar en internet poemas de X.L. Méndez Ferrín e Con pólvora e magnolias ou posteriores ( unha das eivas que temos), pero pode valer (de feito ban que vale) este
d) o alumno ten que repetir con este texto o mesmo traballo que cos de Celso Emilio. Xa non lle será tan doado, aínda que é un texto dos máis asequíbeis
e) volvemos ao q do mundo e alí traballarán con dous poemas de Olga Novo
f) o profesor ensínalles como se decodifica, como se interpreta, xa tivo que ilo facendo co texto de Ferrín, sorprendentemente (utlilizamos Grana e a A teta sobre o sol ) non son moitas as preguntas, as dúbidas interpretativas. Escollemos esta autora e estes textos porque presumibelemente deben ser doados para identificar os sentimentos. Serán doados? Serán sentimentos? Ou fala a autora de sensacións máis que de sentimentos?
g) por se lles serve de axuda escoitar como é entendido este tipo de poesía, remito os alumnos a Berlín
A actividade desenvólvese nunha sesión de unha hora. Traballan na casa e na posterior sesión pediráselles que reciten os textos.
ACTUALIZACIÓN:
Lembro, e é moi pertinente, que a sesión anterior a esta experiencia estivemos debatendo na aula sobre qué é a poesía. Pedinlles que a definiran. Como sempre, a opinión maioritaria mantíñase dentro dos lindes semánticos de expresións tipo " a poesía é a expresión dos sentimentos".
Por suposto non me servía esa definición.
Finalmente concluímos que a poesía é "a arte de expresarse en verso".
E qué é o verso?.
Unha liña que non chega ao remate. Pois tampouco meus, hai versos moito meirandes, que non caben nas estreiteces da páxina. Conclusión: o verso é unha unidade rítmica.
Velaí a razón de que o Muiñeiro do tempo defina a poesía así.
chúzame -