adicado, con cariño, aos tocapelotas da biblioteca
Hai moitos tipos de bibliotecas.
Hainas que son almacéns de libros, se cadra teñen esa misión, non o critico. Mesmo as hai virtuais.
Hainas tamén nos centros de ensino. A biblioteca dun centro de ensino non é unha biblioteca calquera, nin pode ser virtual, nin almacén de libros.
Porque un bibliotrecario, e moito menos o dun centro de ensino, ten que ser algo máis que un funcionario custodio de libros. Porque se é así, se non é quen de aconsellar unha lectura, non se diferencia en nada dun porteiro automático (timbras para facer o pedido) un dunha cinta transportadora (tráeche o libro).
Sería como confundir unha pedra co papo dunha pita.
Porque a biblioteca (a que sexa) defíse desde as utilidades que debe presentar aos seus usuarios, e se non lles é útil pois...
Que utilidades debe ofecer unha biblioteca escolar? Primeira mente estar ao servizo da comunidade escolar, que toda a comunidade escolar poida utilizala. Ben. Non esquezamos que tamén hai bibliotecas públicas. Na comunidade escolar, os utentes que hai que coidar especialmente son os alumnos. Porque ler é básico na súa formación (estudas como les), porque eles son os lectores do futuro... o que se queira máis.
Unha biblioteca escolar pode estar ordenada de moitas maneiras. Nin unha é infalíbel. Ningunha é mala se serve axeitadamente ás necesidades do alumnado. Hoxe, a CDU (clasificación decimal universal) é a máis empregada. Cando se usa na biblioteca dun cenrtro de ensino, hai que trer en conta que non é a Biblioteca Nacional. Hai que ter en conta que o acceso do alumno á súa busca debe ser primordial. Acceso directo: o alumno ten que ser capaz de atopar por si mesmo, unha novela negra, un libro de poesía clásica, unha obra de teatro moderna...
Este é o motor de procura dun alumno, esa é a súa motivación...no caso de existir,
cando aínda non existe, cando o alumno aínda está probando a ver se...pois a esixencia temática é aínda máis forte.
Compartimentei as procuras temáticas do alumno con moita lixeireza, proque, por exeperiencia sei que é máis complexo.Por exemplo, pode querer temática fantástica (non marabillosa) ambientada no futuro/ no presente/no pasado, con protagonistas adolescentes/adultos, que só sexa unha historia ou que xa conteña doses que o fagan cavilar.
Ou, imaxinen que lles piden unha novela de terror (non de misterio), que sexa un terror gótico (ambientada no pasado, para ser máis simple) / que sexa unha novela efectista (gore, lle chaman agora) /que sexa unha novela de terror psicolóxico...
Podiamos seguir. Como exempo abonda. Porque o mesmo alumno pode, de feito así é sempre, presenta diferentes motores, diferentes necesidades e motivacións lectoras segundo o momento. Lóxico, comer caldo todos os días remata por aborrecer, sobre todo sabendo que outros comen cocido, empanada, chourizo, pizza...
O que non pode ser é que entre nun recinto moi ordenadiño, no que hai moitísimas novelas negras, pero no que lle é dificultosísimo atopar unha soa. Vamos, un recinto moi cuquiño e só útil ao bibliotecario.
A CDU, aínda que a suxire, non fai imposíbel unha ordenación das lecturas na que non se poidan contemplar esas necesidades dos alumnos.
chúzame -