ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for maio 13th, 2008

galego, lingua presentida

Posted: martes, maio 13th, 2008 @ 7:35 pm in LINGUA, MÚSICA | No Comments »

xa está en marcha a polo ghit 2008.

xa podes mandar a túa composición para terceira edición do concurso no qu elixímo-la canción do verán en Galicia.

(ése música de fondo, índefinida, o tema do que se fala lévate a imaxinar...canción do verán, en galego...)

temos dous correos electrónicos: extrarradio@crtvg.es e apologhit@vieiros.com

os dous correos que poden levarte ao éxito este verán

( a música de fondo segue sen ser facilmente identificábel; polo tema, un presinte que deben cantar en galego)

en a polo ghit 2008 

( e si, era en galego, a palabra refaixo deíxao claro)

VELAÍ O PROMOCIONAL DO a polo ghit 2008, ESCOITEINO NO tren do serán AÍ POLAS CINCO E MEDIA...

PARA FLIPAR, ALUCINAR, ESCOLLEDE SINÓNIMO..

SABEDES COMO ACABA?

AGORA SI, ÓESE BEN NÍTIDO:

PAPI, PAPI, PAPI CHULO, PAPI, PAPI, PAPI...   ( e todos sabemos como segue, xa non temos que presentir...)

COMA SE NON HOUBERA CANCIÓNS DO VERÁN (GALEGAS: EN GALEGO, HAI QUE LEMBRAR O fai un sol de carallo (galicia caníbal) DOS RESENTIDOS, O non chas quero DOS DIPLOMÁTICOS  ASÍ DEICA ANDRÉS DO BARRO, OS TAMARA...?

HAI QUE LEMBRALOS???

OU ESTÁ FEITO a mala hostia

OU A INCULTURA, MEU, ÉCHE PEOR CA UN TIRO DE ESCOPETA...

Chuzame! chúzame -

A pista de area, adianto da crítica

Posted: martes, maio 13th, 2008 @ 10:35 am in CRÓNICA DA CRÍTICA | No Comments »

que vou manadar a A Nosa Terra.

Esta vez escollín o terceiro parágrafo dun texto que titulei Segredos de Montalbano, segredos de Camillieri. 

Sen dúbida, o mellor da novela é a variedade de ambientes, de situacións que ás veces chegan moi preto do esperpento, que trasladan ao texto unha complexa sociedade siciliana na que ás veces hai que recorrer a métodos pouco ortodoxos á hora de obter información, a sofistificación metropolitana de pouco serve e hai que saber navegar no intrincado mar das relacións sociais dos illeus. Entre isto (que ten o seu de desmitificación); o humorismo (do que nunca se desfai Camillieri, por outra banda amante da novela histórica); o feito de que calquera (dialecticamente falando) se lle sobe ás barbas ao desconcetante Montalbano; a metaliteratura e a conciencia  de xogo, o discurso como fonte de pracer (sen renunciar á análise social)... entre todos logran un discurso seductor que ao lector lle custa deixar porque rapidamente se familiariza con ese tipo de xente que habita a novela (a pesar de que, como personaxes xa creadas, poida verse sorpendido por algunha, de aí que antes nos pararamos nelas). A todo isto chégase sen ter que recorrer a alrades efectistas, con naturalidade e moita sensibilidade, sutileza que o lector saberá aprezar e de aí o éxito de Montalbano e Camillieri, aínda que ás veces súa prosa sexa un tanto plana.

Chuzame! chúzame -