ferradura en tránsito

Xuro que enaltecerei o meu idioma coma máxima expresión da creatividade e sabedoría do meu pobo.(Noeli Pocaterra)

Archive for maio 14th, 2008

a dignidade ten prezo

Posted: mércores, maio 14th, 2008 @ 3:16 pm in CHISTES MULEIRO-PARROTA | 6 Comments »

a ver se entera o Pepe Muleiro.
o pseudónimo, corresponde a Ricardo Parrota.
pois medicina do mesmo pau, o que el fai a nós, fagámolo nós a el.
nós por dignidade ( el por cartos) ; viva a diferencia.
el será o protagonista de calquera chiste no que se poida incluír o seu nome,
os que vaiades mandando incorporareinos a unha nova páxina
que tamén leva o nome de Muleiro e Parrota (ou Parrotta), xa a abrín.

Chuzame! chúzame -

liber a te

Posted: mércores, maio 14th, 2008 @ 9:49 am in LINGUA | No Comments »

Domingo. Polo dereito a vivirmos en galego.

E pídoche que non faltes; ti, non, porque es importante.

E máis importante aínda cando loitas.

Leva pacartas, leva cartaz, berra,

libérate, leva alegría,

liber a te, leva alegría.

O neno que non ten paradura levará, liber a te, un libro para ti.

O neno que non ten paradura pídevos a todos que vos liberedes.

Levade un libro para alguén.

Para calquera, porque calquera será especial, sempre é especial quen loita.

Leva un libro para un/unha camarada.

Leva un libro. Se ves alguen que tamén leva un libro, intercámbiao con el.

Será unha bonita experiencia.

Pásao.

Chuzame! chúzame -